A Casa Escariz, un legado para a cidade

A Casa Escariz é un ben de enorme valor arquitectónico que se debe incorporar xa de pleno dereito ao patrimonio municipal. E tócalle ao Goberno Local planificar canto antes os seus usos futuros, non sen deixar de resolver unha cuestión clave: reclamar o diñeiro que a Fundación Legado Piñeiro Pose ingresou durante anos e retivo indebidamente. Eis o meu artigo na Opinión sobre o asunto.

Comparte esta entrada

Máis de 80 anos despois de Manuel Piñeiro Pose facer testamento, o Concello iniciou o procedemento para dar satisfacción á vontade do testador e, dese xeito, incorporar ao patrimonio municipal a Casa Escariz, unha xoia modernista no corazón do Ensanche coruñés.

En 1938 Piñeiro Pose mostrou a súa vontade inequívoca: durante os 30 anos posteriores ao seu falecimento, as rendas da Casa Escariz debían destinarse a financiar o Hospital Municipal, descontado o diñeiro preciso para sufragar misas na súa memoria e para coidar o seu sepulcro. Após o seu 30 cabodano, os inmóbeis pasarían a ser propiedade do hospital.

Mais chegou 1970 e esa vontade non se acabou por materializar, a pesar de o Concello ter expresado en 1940 a súa disposición a recibir o legado de Piñeiro Pose.

Pois ben, o Goberno Local xa deu os pasos necesarios para inscribir no rexistro da propiedade a Casa Escariz. Fíxoo coa oposición, iso si, da Fundación Legado Manuel Piñeiro Pose, a entidade que xestiona a herdanza. Argumentan os testamentarios –o abade da Colexiata e os párrocos de San Nicolás e Santa Lucía- que o acordo plenario de 1940 sería ilexítimo por ter sido produto dunha Corporación nada do golpe de Estado de 1936 e que non existe continuidade xurídica entre o Hospital Municipal e o Concello.

É curioso que o abade da Colexiata e os párrocos de San Nicolás e Santa Lucía se lembren agora dun réxime ilexítimo nado dun golpe de Estado, pero os seus argumentos non se teñen de pé. E é que aquel acordo plenario de 1940 non facía máis que satisfacer a vontade de Piñeiro Pose e o lexítimo titular do hospital era o Concello da Coruña.

Por tanto, fai ben o Concello en reclamar a titularidade do ben. Mais non é suficiente. Ten tamén que demandar as cantidades que a Fundación Piñeiro Pose ingresou durante anos e retivo indebidamente. Si, porque só temos constancia de que o Hospital Municipal recibise rendas desde 1970 a 1984. Desde 1985, ano en que este centro sanitario desaparece, o Concello non percibiu ingreso ningún.

A Fundación Piñeiro Pose goza dunha excelente saúde financeira. De acordo cos datos da empresa especializada Axesor, os seus activos ascenderían a 39 millóns de euros

E o certo é que a Fundación Piñeiro Pose goza dunha excelente saúde financeira. De acordo cos datos da empresa especializada Axesor, os seus activos ascenderían a 39 millóns de euros e só en 2019 tería declarado beneficios por valor de 915 mil euros.

Así as cousas, fican poucas dúbidas de que a Fundación Legado Piñeiro Pose non está a dar cumprimento á vontade do testador, polo que o Concello debe reclamar tanto a propiedade da Casa Escariz como as rendas cobradas e retidas de forma indebida.

E dúas cousas para concluír. Primeira, a Xunta ten que dar tamén explicacións, pois a Consellaría de Política Social exerce o protectorado sobre a fundación. Segunda, cómpre que o Goberno Local vaia deseñando xa os usos futuros que lle pensa dar a unha marabilla arquitectónica cuxo promotor a deixou en herdanza para todas as coruñesas e coruñeses.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.