A Coruña non merece isto. Merece políticas serias

No pórtico do seu mandato, Inés Rey prometeu que por fin chegaba a estabilidade a María Pita. Nada máis lonxe da realidade. O último elo na cadea de sismos políticos no noso Concello, o fallo xudicial que anula o nomeamento de Mónica Martínez como concelleira de Deportes. O asunto deume pé a escribir este artigo para La Voz de Galicia.

Comparte esta entrada

A sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo que anula o nomeamento de Mónica Martínez como concelleira de Deportes é un novo golpe á credibilidade do actual Goberno municipal.

Ademais, se o fallo xudicial se facer firme, viviríamos un novo capítulo do longo serial de crises protagonizadas polo Goberno de Inés Rey, cando aínda están moi recentes a demisión de Juan Manuel Díaz Villoslada e a substitución do Coordenador Xeral do Concello.

Inés Rey asumiu a Alcaldía facendo bandeira da estabilidade, mais, con esta sentenza e dende o inicio de mandato, levamos xa sete crises que afectan a estrutura do seu Goberno.

O BNG sempre considerou que se unha persoa é electa nunha candidatura, o presentábel, ética e politicamente, é que o abandono desa candidatura conleve a súa demisión.

Alén da discusión xurídica sobre se estamos  perante un caso de transfuguismo, o BNG sempre considerou que se unha persoa é electa nunha candidatura, o presentábel, ética e politicamente, é que o abandono desa candidatura conleve a súa demisión.

Que Mónica Martínez deixase o seu grupo para se incorporar a outra disciplina e Inés Rey dese entrada no seu Goberno a unha persoa que acababa de abandonar a forza política pola que se presentou ás eleccións é, a todas luces, un mal exemplo do punto de vista democrático.

Mais aquí hai máis cousas que provocan perplexidade. O recurso contra o nomeamento de Mónica Martínez non o presentou Ciudadanos, o partido co que concorreu ás eleccións, como sería o lóxico, por ser o principal prexudicado. Non, o recurso presentouno Marea Atlántica. Unha formación que, en troca, non tivera ningún problema en se coligar con outras mareas municipalistas que tiñan entre as súas concelleiras e concelleiros persoas que foran electas en candidaturas do BNG.

A Marea Atlántica, coa presentación daquel recurso, estaba a dar “un aviso a navegantes” e a marcar territorio ante as súas posíbeis fugas. En efecto, naquela altura xa se sabía que a persoa que tiña que incorporarse ao Concello para substituír un membro electo nas súas listas recén dimitido tiña tomada a decisión de non se sumar ao Grupo da Marea Atlántica. 

Máis o sorprendente é que ao mesmo tempo que a Marea Atlántica e o PSOE dirimen as súas diferenzas nos tribunais, no Concello desenvolven unha política de acordos excluínte, sen contar co resto dos grupos. Tanto é así que o mesmo día que se coñeceu a sentenza, o Concello aprobaba definitivamente os orzamentos pactados entre a Marea e o PSOE.

A política municipal na Coruña non pode consistir en converter o Concello nun escenario de xogo de tronos.  A Coruña non merece iso. A Coruña merece políticas serias.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.