A Coruña precisa outros orzamentos

Aínda non sabemos nada dos orzamentos do Concello da Coruña para 2022. E estamos a mediados de novembro…! Expreso a miña estupefacción neste artigo, que viu a luz nas páxinas locais da Voz de Galicia, e falo tamén dos orzamentos da Xunta e do Estado en relación á nosa cidade. A foto é da conferencia de prensa que dei co compañeiro Néstor Rego para presentarmos as emendas do BNG ás contas estatais.

Comparte esta entrada

A Coruña merece un mellor trato nos orzamentos para 2022. Nos do Estado e  nos da Xunta. E precisa que o Goberno Local cumpra cos seus compromisos e presente canto antes os orzamentos do Concello para 2022. Uns orzamentos que teñen que ter un marcado acento social e impulsar a actividade económica e o emprego.

Desde o BNG valoramos como moi negativos os orzamentos da Xunta e por iso presentamos unha emenda á totalidade. E como moi mellorábeis os do Estado e por iso formulamos numerosas emendas parciais.

Desde o BNG valoramos como moi negativos os orzamentos da Xunta e por iso presentamos unha emenda á totalidade. E como moi mellorábeis os do Estado e por iso formulamos numerosas emendas parciais.

Vaiamos por partes. A respecto dos orzamentos galegos, a miña compañeira Mercedes Queixas avaliou que A Coruña non está no mapa de prioridades da Xunta. E ten toda a razón. Os orzamentos da Xunta son insuficientes e continuistas. Non hai proxectos novos e si partidas desprazadas de exercicios anteriores por incapacidade na xestión.

En realidade, si que hai unha novidade, mais unha novidade negativa: unha partida de perto de dous millóns de euros para a compra dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo. Non ten sentido destinar diñeiro público para mercar uns peiraos que xa son públicos. O que cómpre é esixir a condonación da débeda do porto.

Esa é, en realidade, a nosa principal crítica ao proxecto de orzamentos do Estado: continúan a discriminar o Porto da Coruña a respecto doutros portos.

Uns orzamentos, polo demais, con luces e sombras.

As luces teñen a ver co incremento no investimento en Galiza, produto, en parte, da  esixencia do BNG. As sombras, entre outras, vémolas na falta de partidas significativas para a liña ferroviaria que nos conecta con Ferrol ou Lugo, para restaurar o antigo cárcere e cederllo ao Concello da Coruña ou para indemnizar as e os mariscadores da Ría do Burgo.

Conclúo cunha breve alusión ás contas do Concello. En xuño de 2019, no Acordo de Investidura de Inés Rey, o PSOE comprometeuse co BNG a que os orzamentos comezarían a se negociar en setembro para entraren en vigor en xaneiro.

En cambio, estamos en novembro e aínda non sabemos nada deles. Non están a incumprir só co BNG. Están a incumprir coa cidade. Porque A Coruña necesita uns novos orzamentos.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.