A SAREB e a Política Municipal de Vivenda

O coñecido como banco malo non se está a portar ben coa nosa cidade. Iso é así. E estamos a falar dun banco controlado polo Estado. Acaba de vender unha propiedade inmobiliaria en Palavea que, se as cousas fosen minimamente normais, debería ter sido cedida ao Concello. Velaí o que escribín para El Ideal Gallego ao respecto.

Comparte esta entrada

Estes días coñecemos varias informacións en materia de vivenda que merecen unha reflexión. Dunha banda, 2021 pechou cunha suba récord do prezo da vivenda na Coruña.  Un 10,7%. A quinta maior suba de todas as cidades do Estado español. 

Deste xeito, o importe necesario para mercar unha vivenda de segunda man na nosa cidade incrementouse nun 14% nos últimos cinco anos. 

Doutra banda, El Ideal Gallego informaba de que a SAREB lle vendera a unha empresa privada unha promoción de vivenda en Palavea. Así, cegábase a vía da cesión desas moradas ao Concello e impedíase que a Administración local puidese engrosar o Parque Municipal de Vivendas en réxime de aluguer.

Cómpre lembrar que a SAREB, que posúe na nosa cidade distintos inmóbeis,  é unha sociedade cunha participación pública maioritaria e que foi creada para axudar a sanear a banca, asumindo a xestión dos seus activos inmobiliarios tóxicos, aqueles que foran xerados durante os tempos da burbulla inmobiliaria. 

É vergoñento que o rescate bancario o tivésemos que pagar todos e que ese diñeiro non teña agora un retorno para a sociedade.

É vergoñento que o rescate bancario o tivésemos que pagar todos, co custo aparellado de grandes recortes sociais, e que ese diñeiro non teña agora un retorno para a sociedade.

E é igualmente vergoñento que, mentres moitas persoas non teñen posibilidades de acceder a unha vivenda, unha sociedade controlada polo Estado destine os seus activos inmobiliarios a facer caixa.

Como tamén é un contrasentido que, ao tempo que isto sucede, nos orzamentos municipais se teñan que consignar máis de dous millóns de euros a mercar bens inmóbeis e soares para ampliar o parque municipal de vivendas.

En maio de 2021, o Pleno do Concello da Coruña acordou, a instancias do BNG, instar o Goberno Local a negociar coa SAREB a cesión das súas propiedades inmobiliarias na Coruña para as incorporar a unha bolsa de vivenda pública municipal en réxime de aluguer.

O verdadeiro peso do Goberno municipal en Madrid mídese en acadar cousas tan elementais como esta.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.