Antigo cárcere provincial: crónica dunha vergoña

Non é calquera edificio. Ten un enorme valor arquitectónico, patrimonial e simbólico. Non podemos ficar de brazos cruzados mentres se vai tornando en ruínas. Falo do antigo cárcere da Coruña. Sobre el escribín un pequeno artigo para La Voz de Galicia. Velaí o tendes.

Comparte esta entrada

O antigo cárcere debería ser un espazo público de primeira orde na cidade da Coruña. E debería selo pola súa situación, o seu valor arquitectónico e a súa significación histórica.

Estamos a falar dunha construción que é un dos poucos exemplos de arquitectura penitenciaria panóptica que seguen en pé, cun deseño que responde ás teorías do pensador inglés Jeremy Bentham. É, ademais, un recinto que fai parte da nosa memoria, pois nel estiveron internados centenares de presos políticos durante o franquismo.

O antigo cárcere, rehabilitado, podería ser un importante espazo sociocultural e de memoria e mesmo, pola súa ubicación, podería albergar un centro de interpretación e de atención ás persoas visitantes  da Torre de Hércules.

O Goberno Central,titular da instalación, nin o cede ao Concello nin o rehabilita nin lle dá uso.

Mais o Goberno Central, titular da instalación, nin o cede ao Concello nin o rehabilita nin lle dá uso e, por non facer, nin sequera atende as súas obrigas básicas, as que se referen ao  mantemento e conservación do edificio. Prefire actuar como el perro del hortelano, que nin come nin deixa comer.

Froito diso, a degradación do cárcere é tan grave que ameaza ruína, cun impacto brutal na contorna da Torre de Hércules,  Patrimonio da Humanidade e símbolo da nosa cidade.

Esixirlle ao Goberno central que conserve o edificio e o rehabilite  é lembrarlle as súas obrigas máis elementais. E instalo a que logo o ceda ao Concello da Coruña é unha cuestión de xustiza. O antigo cárcere está situado en terreos que eran municipais e que foron cedidos para usos penitenciarios. Rematada esa función, o xusto é que nos sexa devolto.

Así poderemos poñer fin á crónica dunha vergoña.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.