Auga nova para o nacionalismo galego

O xoves 14 tiven a honra de tomar a palabra no acto organizado por Galiza Nova como tributo a Curros Enríquez, un poeta de enorme alento e grande compromiso patriótico cuxo legado continúa ben vivo na memoria das coruñesas e coruñeses. Un acto este que ollaba xa para a grande cita do Día da Patria Galega, un 25 de xullo que a bon seguro que volverá mostrar que, brotando de fonte vella, somos a auga nova que precisa o noso país. Por se vos interese, tendes a seguir, transcrita, a miña intervención.

Comparte esta entrada

Grazas pola vosa presenza neste acto.

Teño que confesarvos que, por razóns persoais, tiven unha semana un pouco complicada e por iso non dispuxen de moito tempo para preparar a miña intervención, así que para buscar un fío condutor optei por tirar de arquivo. Por iso pídovos desculpas por recorrer a frases e imaxes que algúns de vós xa me teredes escoitado máis dunha vez.

Como unha metáfora que lle escoitei a un dirixente basco.

Dicía que o nacionalismo basco era “a fonte vella, da que sempre brota auga nova”. Iso tamen é de aplicación ao nacionalismo galego.

Felicito Galiza Nova por manter a memoria de Curros. Non é posíbel transformarmos o presente e construír o futuro desde a ignorancia ou a negación do pasado.

Vén a conto esta metáfora por varios motivos. Primeiro, porque por iniciativa precisamente de Galiza Nova, a auga nova do nacionalismo galego, estamos lembrando neste acto Curros Enríquez. E felicito Galiza Nova por manter a memoria de Curros. Non é posíbel transformarmos o presente e construír o futuro desde a ignorancia ou a negación do pasado.

E a referencia de Curros é fundamental. Curros participaba das correntes máis avanzadas do seu tempo. Era un demócrata, un republicano e un progresista convencido.

Un defensor dunha sociedade laica fronte ao xugo do clericalismo. Pero, sobre todo, era un poeta comprometido co seu pobo. E ese compromiso levouno a comprender que o progreso de Galiza e a emancipación das súas xentes só podía acadarse asumindo que o noso é un país diferenciado que debe ser dono de si. Por iso participou activamente nos movimentos prenacionalistas do século XIX.

E sen o compromiso de precursores como Curros hoxe non existiría nacionalismo galego. Ten sentido esa metáfora, porque neste acto damos tamén a acollida e a benvida ás persoas que se incorporan ao BNG. Un BNG que é tamén unha fonte vella.

Somos unha forza con historia: os vindeiros 25 e 26 de setembro fanse precisamente os 40 anos da fundación do BNG no Frontón de Riazor. Unha forza que ademais é herdeira dun compromiso histórico. Continuadora do labor das Irmandades da Fala ou o Partido Galeguista.

Pero desa fonte ten que brotar sempre auga nova para servir mellor o noso país e responder ás necesidades e aos anceios da Galiza de hoxe. En definitiva, para facer realidade o lema o lema do 25 de Xullo deste ano.

É para nós un pracer e un orgullo dar hoxe á benvida ás perto de 100 persoasque  na Coruña solicitaron a alta no BNGnos últimos tempos.

Para sermos A nova Galiza en marcha e GAÑARMOS O FUTURO. Por iso é para nós un pracer e un orgullo dar hoxe á benvida ás perto de 100 persoas que  na Coruña solicitaron a alta no BNG nos últimos tempos.

Sodes a auga nova desta fonte vella. Dende xa esta é a vosa casa. Ten sentido esa metáfora porque estamos ás portas dun 25 de Xullo especial. Após anos de pandemia, este ano volveremos ter un  Día da Patria normalizado.

E por iso anímovos a todos e todas a asistirdes á manifestación   para que da Praza da Quintana brote máis auga nova. Falo dende a miña experiencia persoal. A primeira vez que fun a Santiago a un 25 de xullo foi en 1978. Non cumprira os dezasete anos. Non tiña militancia política. Peromarchei da Praza da Quintana convertido nun militante nacionalista galego.

Ten sentido esa metáfora porque estamos na Coruña e ás portas do inicio dun novo curso político marcado pola celebración das eleccións municipais. E A Coruña, na historia do nacionalismo, tamén é unha fonte vella.

Aquí naceron en 1916 as Irmandades da Fala. E 66 anos despois, tamén naceu aquí o BNG. A Coruña foi pioneira na celebración do Día da Patria Galega. O Concello da Coruña foi a primeira institución galega en chamar a celebrar ese día como o máis grande da nosa patria, chamando a engalanar con bandeiras galegas os balcóns

E o 25 de xullo de 2021, por iniciativa do Luís Peña Novo, o primeiro concelleiro nacionalista na historia do noso país, a bandeira galega ondeou por primeira vez nun edificio institucional no noso país, o Palacio de María Pita.

E esta cidade necesita que ese camiño que eles iniciaron teña continuidade coa auga nova que achega o BNG. Porque Galiza tamén se fai dende os Concellos. Cun goberno local que non se conforme con que haxa unha ordenanza para normalizar o uso do galego, senón que logo vele polo seu cumprimento.

Que desenvolva o noso enorme potencial no eido da cultura, que aposte por unha Coruña motor económico de Galiza e por iso non olle para outro lado ante a perda da nosa industria. Que sexa esixente co Goberno central cando se trata de defender o noso porto ou de reclamar que nos devolva edificios e terreos que son nosos en vez de especular con eles. Que aplique na Coruña o saber facer dos Gobernos municipais do BNG para construír unha cidade para as persoas. Que comprenda que A Coruña non se entende sen Galiza como Galiza non se entende sen A Coruña. E que comprenda tamén que A Coruña non se entende sen a súa comarca e que deseñar A Coruña do futuro esixe articular a súa realidade metropolitana.

E, crédeme, todos os datos indican que na Coruña o BNG é a forza emerxente. Estamos gañando cada dia máis apoios. E temos a oportunidade de dar nas eleccións municipais un grande salto cuantitativo e cualitativo, para así sermos capaces de devolverlle a esta cidade o impulso que necesita e construír unha Coruña mellor.

Porque, ademais, ese salto nas municipais hanos de permitir estar mellor preparados para outros reptos. Multiplicar a voz do BNG nas vindeiras eleccións xerais. E que nas vindeiras eleccións autonómicas por primeira vez na historia do noso país teñamos unha Presidenta nacionalista.

A auga nova que encarna Ana Pontón. Deíxovos con ela. Moitas grazas.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.