A razón social de Emalcsa continúa a ser Empresa Municipal Aguas de La Coruña S.A. Si, coa forma non galega e non legal do noso topónimo. Levamos moito tempo a demandar que sexa substituída pola única lexítima e xenuína e, produto desa insistencia, obtemos agora o primeiro froito, co anuncio de que a empresa utilizará a partir de agora “Augas da Coruña” como marca comercial.
É un pequeno paso, mais un paso moi significativo do punto de vista simbólico e tamén social, dado o enorme grao de coñecemento, por razóns obvias, desta empresa por parte das veciñas e veciños.
Naturalmente, non imos ficar aquí e continuaremos a defender que a razón social desta compañía pública pase a ser de forma definitiva Empresa Municipal Augas da Coruña S.A. É de xustiza!!