Aviso legal

Data de última modificación: 22 de febreiro de 2023

En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, faise constar o seguinte:

Datos identificativos do responsable

O titular desta páxina é o Grupo Municipal do BNG da Coruña con CIF G32014003 e domicilio social en Praza de María Pita, 1. 15001, A Coruña, sendo a súa actividade social a representación política municipal na Coruña do Bloque Nacionalista Galego.

Pódeste poñer en contacto co Grupo Municipal do BNG da Coruña no teléfono 669 381 398 ou no email bng@coruna.gal.

Uso do sitio web

O sitio web proporciona o acceso a información, servizos e datos (en diante, “os contidos”) propiedade do Grupo Municipal do BNG da Coruña. O USUARIO asume a responsabilidade do uso do sitio web. O Grupo Municipal do BNG da Coruña resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que atenten contra o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, na súa opinión, non sería apto para a súa publicación.

En todo caso, o Grupo Municipal do BNG da Coruña non será responsable das opinións expresadas polos usuarios a través do blog ou outras ferramentas de participación que se poidan crear, de acordo co establecido na normativa aplicable.

Captación de información

Cookies de seguimento, segundo as seguintes regras:

– Navegación e enderezo IP: ao navegar por este sitio web, o usuario proporciona automaticamente ao servidor web información relativa ao seu enderezo IP, data e hora de acceso, o hipervínculo que se lle remitiu, o seu sistema operativo e o navegador utilizado. A Axencia Española de Protección de Datos considera a IP como datos persoais. Este sitio web non utilizará a IP para identificar aos seus usuarios, estes datos serán gardados e utilizados só para o control e realización de estatísticas de acceso e visitas á web, para analizar tendencias, para administrar o sitio e para recoller información demográfica sobre a nosa base.dos usuarios no seu conxunto. En ningún caso serán comunicados ou cedidos a terceiros.

Propiedade intelectual

O Grupo Municipal do BNG da Coruña por si mesmo ou como cesionario, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos nela (por exemplo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais empregados, programas informáticos necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), propiedade do Grupo Municipal do BNG da Coruña ou dos seus licenciantes. Todos os dereitos reservados.

Calquera uso non autorizado previamente polo Grupo Municipal do BNG da Coruña será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Exclusión

O Grupo Municipal do BNG da Coruña non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que se poidan ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do sitio web, – que realizará periódicamente. paradas por mantemento técnico – así como pola transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

Modificación dos contidos

O Grupo Municipal do BNG da Coruña resérvase o dereito a realizar na súa páxina web sen previo aviso as modificacións que considere oportunas, podendo modificar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos prestados a través da mesma como a forma en que estes aparecen presentados ou localizados na súa páxina web.

Xeral

O Grupo Municipal do BNG da Coruña perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera uso indebido da súa páxina web, exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder por lei.

Modificación das condicións

O Grupo Municipal do BNG da Coruña poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas tal e como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións dependerá da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.