Comparecencia ante os medios sobre o porto, a súa débeda e o deseño da fachada marítima

Deíxovos a seguir a miña intervención na conferencia de prensa que o mércores 6 de abril ofrecín, canda Néstor Rego e Avia Veira, no Salón Enseada do Hotel Riazor.

Comparte esta entrada

Estes días volve ser actualidade o debate sobre que facer cos terreos do porto interior, unha vez que se complete o traslado de  actividades ao porto exterior. Sabedes cal é o criterio do BNG: pensamos que hai que manter a titularidade pública dos terreos. Pensamos que na definición dos usos deben priorizarse os usos produtivos, porque o Porto interior ten que seguir sendo un porto vivo. Eses terreos son unha oportunidade para abrir a cidade ao mar, criar espazos verdes e atender as necesidades de mobilidade non só a escala local, senón tamén comarcal.

Somos conscientes, con todo, que esa zona ten que ser unha zona viva. Non un polígono que fique baleiro e sen vida pola noite.

Pero o BNG non está polo labor de dar debates que agora non tocan. Nin de poñer sobre a mesa propostas que agora mesmo proporcionan o pretexto perfecto ao Estado para que siga incumprindo coa Coruña

A que me refiro? Se se pon sobre a mesa o a venta de activos ou a construción de vivenda, como por exemplo fixo recentemente Feixóo, o Estado xa ten a escusa perfecta para evitar falar da condonación da débeda do Porto ou dunha solución equivalente.

Isto é, dado que estamos a falar de terreos titularidade estatal e dado que a construción do Porto Exterior da Coruña foi unha decisión de Estado, defendemos que o Estado contribúa á transformación dos terreos do porto interior por unha cantidade equivalente á debeda da Autoridade Portuaria da Coruña con Portos do Estado.

Por iso emprazamos o Sr. Feixoo a que actúe como Presidente do Goberno Galego e non como promotor inmobiliario, e emprazamos o Sr. Feijóo e á Sra. Rei a que  sexan firmes á hora de esixir a condonación da débeda e o acceso ferroviario ao Porto Exterior.

Quer Feixoo quer Rei teñen que demandar do Estado un compromiso claro e inequívoco, cun calendario de execución e recursos orzamentarios.

Porque, ademais, calquera transformación de San Diego é imposíbel, namentras non se complete o traslado de actividades portuarias. E para iso ten que estar resolto o acceso ferroviario ao Porto exterior. E calquera transformación de San Diego é imposíbel  mentres non se traslade tamén a actual estación de mercadorías e a súa praia de vías. E para iso tamén  ten que estar resolto o acceso ferroviario ao Porto exterior.

Por iso vos dicía que o BNG non está polo labor de dar debates que agora non tocan,nin de poñer sobre a mesa propostas que agora mesmo proporcionan o pretexto perfecto ao Estado para que sega incumprindo coa Coruña

O que toca é a condonación da débeda

O que toca é o acceso ferroviario ao Porto exterior.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.