Crieime nos Mallos

Pois si, coñézovos ben Os Mallos. E un barrio que sinto como propio. E sobre a súa situación actual impulsamos desde o BNG unha moción que, ao ser asumida por todos os grupos, foi aprobada por unanimidade no Pleno do xoves 7 de outubro. De como vexo o asunto vai este artigo que publiquei nas páxinas de El Ideal Gallego o pasado domingo.

Comparte esta entrada

Crieime nos Mallos. E, como calquera veciña ou veciño, non gostaría de saír á rúa co temor a ser atracado. Como tampouco gostaría de que no piso ao carón daquel no que eu moro se traficase con drogas. Por iso é necesario un plan de prevención e persecución da delincuencia.

Hai veciñas e veciños que consideran que se está a crear un estado de alarmismo excesivo, que pode acabar danando a imaxe do barrio. Veciñas e veciños que advirten de que ese estado de alarma pode alimentar o discurso do odio, minando a convivencia. Pero, precisamente para evitalo, hai que actuar de inmediato.

Todos temos dereito á seguridade e, para que non se aproveiten os que gostan de botar gasolina ao lume, o lume hai que apagalo de inmediato.

Pero a inseguridade ten máis caras.

Séntese insegura unha persoa maior, con problemas de mobilidade, que vive confinada no seu piso porque non ten  ascensor.

Ou que ve como o edificio no que vive, pagando unha renda antiga, baléirase  e degrádase, porque os donos prefiren deixalo esmorecer para forzar a que marche.

Séntense inseguras as persoas en risco de pobreza e de exclusión social.

Séntense inseguras as veciñas e veciños que viven en rúas pantasma e   inhóspitas. Rúas sen comercios e con edificios en estado de abandono.

Séntense inseguras as persoas mozas que non poden emanciparse por non poderen pagar unha vivenda, aínda que no seu barrio  haxa moitas vivendas baleiras.

Os Mallos, como outros moitos barrios da nosa cidade, sufriu a degradación urbanística dalgunhas zonas e a deterioración e avellentamento do seu parque de vivendas.

É un barrio que padeceu a destrución de boa parte do seu tecido comercial. Un barrio humilde, de clases populares e cunha poboación cada vez máis avellentada.  Un barrio cunha crecente desigualdade e colectivos e persoas en situación de vulnerabilidade.

Os problemas dos Mallos son múltiples e complexos, comúns a moitos barrios da nosa cidade.

Os problemas dos Mallos son múltiples e complexos, comúns a moitos barrios da nosa cidade. Se nos limitamos a apagar o lume, pero non atacamos as causas que provocan a proliferación de incendios, no futuro teremos que  facer fronte a unha auténtica vaga de lumes. Por iso os problemas dos Mallos só son abordábeis dende unha perspectiva integral, precisamente a que informa a moción que o Pleno do Concello aprobou este xoves. Unha moción conxunta, impulsada polo BNG, e que felizmente foi aprobada por unanimidade. Pensamos que dá resposta ás demandas e inquedanzas da veciñanza e que esta agradece o acordo entre os distintos grupos. Desde logo, nós imos facer todo o que estea nas nosas mans para fiscalizar o cumprimento da parte resolutiva da moción. De feito, na mesma sesión en que foi aprobada, anunciei que o BNG condicionará calquer acordo orzamentario a que os compromisos contidos nesa iniciativa teñan tradución concreta nas contas do Concello para 2021. Os Mallos merecen máis que unha declaración de intencións. Merecen políticas respaldadas con consignacións orzamentarias.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.