De Masterchef ás Tanxugueiras

A verdade é que no noso país chove sobre mollado. Con diñeiro público (até do propio Concello) programas televisivos planificados e concibidos desde a capital do Estado teiman en ofender a nosa lingua, que é tanto como dicir que teiman en ofendernos a nós, galegas e galegos. De Masterchef ás Tanxugueiras, pois si. Sobre a cuestión escribín este artigo para as páxinas locais da Voz de Galicia.

Comparte esta entrada

Indignación e orgullo. Esas son as dúas palabras que me veñen á cabeza estes días en que con razón tanto se está a falar das Tanxugueiras. Indignación, a que sinto, eu e a inmensa maioría da sociedade galega, perante o exercicio de intolerancia e chauvinismo protagonizado polo xurado do Benidorm Fest. Orgullo, pola dignidade e a excelencia coas que as Tanxugueiras representan a nosa lingua e a nosa cultura, partindo da raíz popular e proxectándoas cara ao futuro, sen poñerse ningún tipo nin de límite nin de teito.

Mais nesta cidade, se o pensamos ben, chove sobre mollado. A pouco que rebobinemos a memoria, lembraremos o lamentábel espectáculo que ofreceron no Monte de San Pedro as supostas celebrities do MasterChef, cando primeiro ridiculizaron a nosa lingua e logo, para acabar de mostrar o seu talante galegófobo, pediron desculpas porque seica a súa intención non era “meterse con ningún tipo de dialecto”.

Un espectáculo lamentábel e que, infelizmente estaba regado con diñeiro das e dos contribuíntes coruñeses, pois é ben non perdermos de vista que o Masterchef recibiu unha subvención do Concello de case 50 mil euros.

Se para as celebridades de Masterchef o galego é un dialecto, para os condutores da gala do Benidorm Fest a nosa é unha lingua inventada

Se para as celebridades de Masterchef o galego é un dialecto, para os condutores da gala do Benidorm Fest a nosa é unha lingua inventada. É a mesma narrativa de ignorancia supina, desconsideración e ofensa. Lóxica pois a indignación da nosa sociedade. E lóxico o orgullo por unhas Tanxugueiras que foron realmente as gañadoras do concurso.

Fórono porque, alén da indubidábel calidade da súa proposta musical e até escénica, demostraron que, efectivamente, o galego non ten fronteiras, salvo aquelas que intentaron erguer os censores dun xurado que preferiu apostar por facer o ridículo antes do que aceptar con naturalidade que o Estado español é pluricultural e plurilingüe.

Esta ofensa ao galego e á nosa cultura foi perpetrada, aínda por riba, nunha televisión pública, pagada co diñeiro de todas, tamén das galegas e dos galegos, motivo polo cal o Bloque Nacionalista Galego levou este asunto ao Congreso dos Deputados por mediación do noso deputado Néstor Rego.

E non quero deixar de destacar que a ofensa e a falta de respecto non viñeron da audiencia, pois esta de forma moi maioritaria, e polo voto popular, decantouse a favor das Tanxugueiras, senón dos membros españois do xurado. Metáfora perfecta de que no Estado español a resistencia a aceptar a plurinacionalidade está máis nas elites do que na sociedade, está máis arriba que abaixo.

En todo caso, e como din con orgullo as Tanxugueiras, para a nosa cultura e para a nosa lingua non hai fronteiras!

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.