De novo a voltas co porto

Boa parte do futuro da nosa cidade está en xogo no seu porto. É por iso que levamos unha moción ao Pleno pasado, que felizmente obtivo o apoio maioritario da Corporación. Disto falo na miña útima colaboración co diario La Opinión.

Comparte esta entrada

A principal nova da política municipal na Coruña foi, nos últimos tempos, a aprobación  polo Pleno do Concello, coa abstención do PP e o PSOE, dunha moción do BNG que instaba o Goberno Municipal a non incluír nengunha partida destinada á adquisición dos peiraos de Calvo Sotelo e Batería nos Orzamentos do Concello da Coruña de 2022.

Axiña Xunta de Galiza e Autoridade Portuaria lanzáronse a pedir explicacións ao Concello, mentres que o Goberno municipal  rendía contas da súa abstención sen aclarar o fondo da cuestión.

Como dixemos no debate plenario, preocúpanos a débeda do porto, motivada pola construción do porto exterior. Somos conscientes de que hai que afrontar este problema para non ameazar a viabilidade dun porto que foi, e debe continuar a ser, un motor da nosa cidade.

A construción do porto exterior foi unha decisión adoptada nun Consello de Ministros. Por iso o Estado ten que asumir a súa responsabilidade

Mais a construción do Porto Exterior foi unha decisión de Estado, publicitada polo Goberno Aznar como unha compensación a Galiza polo desastre do Prestige. Por iso, o  Estado ten que asumir a súa responsabilidade. Non lle compete ao Concello da Coruña, asumir o pagament pola porta de atrás, da débeda xerada pola súa construción.

O que si lle compete ao Concello é esixir igualdade de trato. O Estado condonou a débeda do porto de València e os portos de titularidade estatal de Almería e Pasaia van ceder, para uso público, terreos e equipamentos, sen que a operación represente un custo para esas cidades.

E dado que o Estado pon como desculpa de mal pagador que a débeda de Valencia non se condonou directamente ao porto, senón a un consorcio do que formaba parte a propia Administración Xeral do Estado, tamén lle compete ao Concello ter un papel de liderado impulsando a constitución dun consorcio, coa participación das distintas administracions, para acometer a transformación dos terreos do porto interior.

A ordenación do bordo litoral e a condonación da débeda do Porto é vital para deseñar A Coruña do futuro.  Nisto é no que ten que centrar os esforzos o Concello e non en comprometer recursos para a adquisición duns peiraos que xa son públicos, en vez de asignalos a atender cuestións prioritarias que si dependen do seu ámbito competencial.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.