Movemos ficha
Para que A Coruña avance
Comparte

Non son problemas novos. Sabémolo.
Movemos ficha para que a cidade avance
- Camiñar pola rúa e que as beirarrúas sexan moi estreitas.
- Non poder camiñar cun carro de bebé ou en cadeira de rodas.
- Cruzar a toda présa porque o semáforo está pensado para os coches.
- Non atopar bici na estación de Bicicoruña.
- Que haxa xente que non sabe ben como ir en bici ou patinete pola cidade.
- Ter que ir en coche ao traballo porque non hai bus á hora á que entras ou á hora á que saes.
- Ir coma sardiñas en lata no bus.
- Que che pasen 5 universitarios polos fociños sen poder coller ningún.
- Non ter como subir ao CHUAC ou ao Materno.
- Non ter bus cando saes de Riazor...
Para o BNG a mobilidade
É un dereito básico
Se temos unha boa mobilidade tamén podemos acceder a outros dereitos: emprego, sanidade, educación, lecer etc.
Todas as nosas propostas teñen como obxectivo que todo o mundo se poida mover pola Coruña de maneira segura independentemente do seu xénero, da súa idade, da súa condición física ou dos seus recursos económicos.
O noso modelo de cidade prioriza as persoas, os peóns, despois o transporte público, as bicicletas e os patinetes e sitúa, no último lugar, os coches.
Tamén temos en conta que hai moita xente que traballa fóra da cidade e moita xente da área metropolitana que vén traballar, estudar etc á Coruña: por iso tamén incluímos propostas sobre isto.
Para saber máis
O BNG presenta a súa campaña de mobilidade, co lema "Movemos ficha para que a A Coruña avance"
A praza de Pontevedra foi o lugar elixido polo BNG da Coruña para presentar esta mañá unha nova campaña, desta volta arredor da Mobilidade, co lema “Movemos ficha para que A Coruña avance”.