Nostián, o conto de nunca acabar

Ten na cabeza o Goberno Local que Nostián se acabe convertendo nun apéndice de Sogama? Agardamos que non, mais queremos advertir do serio risco de que iso sexa o que finalmente vaia acontecer. Sobre este asunto publiquei un artigo na Opinión da Coruña. Velaí o tendes.

Comparte esta entrada

A nova concesión de Nostián parece que quere emular o título da novela de Michael Ende, A historia interminábel. Ou, se buscamos referencias literarias máis perto, “O conto de nunca acabar”,de Ánxel Fole.

O anterior Goberno Municipal anunciara, a fin de mandato, que os pregos estaban practicamente listos para que o novo contrato saíse a concurso. O Goberno de Inés Rey anunciou, a inicios do seu mandato, que estarían ultimados ao remate da concesión da planta,  en decembro de 2019.  Mais o certo é que se van facer dous anos dende esa data e aínda non sabemos cando se licitará o novo contrato.

Un retraso que non fai senón acentuar os múltiples problemas que afectan Nostián,  con graves déficits de mantemento das instalacións. Esta situación motivou que alcaldes do Consorcio das Mariñas instasen o Concello da Coruña a licitar sen máis demora o novo contrato, advertindo da posibilidade de entregar o lixo a SOGAMA se seguía a  demora e non se resolvían os problemas da planta.

E agora sabemos, por unha información publicada na Opinión da Coruña, que o propio Goberno de Inés Rey tería mantido varias reunións coa Xunta de Galiza co propósito de entregar os residuos inorgánicos a SOGAMA. En definitiva, renunciaríase á conversión de Nostián nunha verdadeira planta de xestión e tratamento integral do lixo a escala comarcal.

É imprescindíbel que no futuro Nostián sexa unha verdadeira planta de reciclaxe e compostaxe

É imprescindíbel que no futuro Nostián sexa unha verdadeira planta de reciclaxe e compostaxe, asegurando a fabricación dun compost de calidade, a drástica redución da porcentaxe de  refugallos (a súa porcentaxe cífrase nun 55%, cando o  obxectivo fixado pola Unión Europea é que non excedan do 10% en 2035), e o seu tratamento co menor impacto ambiental.

Esa é a dirección na que hai actuar. De nada vale encherse a boca falando da  Axenda 2030 e da loita contra o cambio climático, se se renuncia a un modelo alternativo  en favor do modelo SOGAMA.

É dicir, se se renuncia á reciclaxe en favor da incineración.

Francisco Jorquera é portavoz do BNG en María Pita.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.