Novas

Collamos impulso e deamos o salto

Inspirándome nun magnífico poema de Lois Pereiro, e contaxiado polo entusiasmo que vin no auditorio dun ateigado Pazo de Congresos de Compostela, chamei as compañeiras e compañeiras do BNG a que o próximo 28 de maio “collamos impulso e deamos o salto” para facer

Un teatro para María Casares

María Casares (A Coruña, 1922-Alloue, 1996) foi algo máis que unha actriz lendaria. Foi, é, tamén un símbolo do exilio e da tradición democrática, republicana e galeguista da nosa cidade. É por iso que neste 2022, centenario do seu nacemento, erguéronse voces, entre elas

Ante a escalada dos prezos, fagámonos valer!

Pois si, temos que nos facer valer. Esa é a idea forza coa que o BNG estivo a organizar actos públicos por todo o país como limiar da grande manifestación que convocamos para o domingo 18 de decembro en Compostela. Palestras colectivas como a

40 anos despois, a mesma ilusión e renovados azos

Emotivo e bonito. Así foi o acto co que celebramos este domingo 25 de setembro o 40 aniversario do BNG. Para min foi un acto moi especial, poise eu estiven alí, naquel setembro de 1982 cando criamos a organización que co paso dos anos

Fenosa pretende atendernos desde Colombia

É un pouco a historia do noso país. Grandes corporacións co centro de decisión fóra do noso territorio lúcranse cos nosos recursos naturais, sen lles importar os efectos medio ambientais dos seus negocios, e logo expatrian os seus beneficios, nunha práctica que obxectivamente se

Auga nova para o nacionalismo galego

O xoves 14 tiven a honra de tomar a palabra no acto organizado por Galiza Nova como tributo a Curros Enríquez, un poeta de enorme alento e grande compromiso patriótico cuxo legado continúa ben vivo na memoria das coruñesas e coruñeses. Un acto este

Os intereses do BNG son os da cidade

Pois é. Non temos outros. Os nosos intereses son os da cidade. Concebida, claro, como parte dun país e tamén como cabeceira dunha área metropolitana aínda por crear (por certo, onde está o anteproxecto de AM que seica ían presentar en setembro pasado o

Que medre a lingua!

O sábado 11 de xuño o BNG da Coruña tivo a honra de ser o anfitrión do Encontro Nacional “Medre a lingua!”, un evento que contou coa participación da nosa portavoz nacional, Ana Pontón e no que nos debruzamos sobre a situación da nosa

A Coruña non merece isto. Merece políticas serias

No pórtico do seu mandato, Inés Rey prometeu que por fin chegaba a estabilidade a María Pita. Nada máis lonxe da realidade. O último elo na cadea de sismos políticos no noso Concello, o fallo xudicial que anula o nomeamento de Mónica Martínez como

A SAREB e a Política Municipal de Vivenda

O coñecido como banco malo non se está a portar ben coa nosa cidade. Iso é así. E estamos a falar dun banco controlado polo Estado. Acaba de vender unha propiedade inmobiliaria en Palavea que, se as cousas fosen minimamente normais, debería ter sido

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.