Novas

Partido de tenis a conto da Intermodal

Pois a verdade é que aburre un chisco, é unha historia que xa cansa de máis. Refírome á tirapuxa sobre a Intermodal entre goberno local e galego. Quen paga a factura, en forma de demoras inxustificadas na dotación desta infraestrutura, é a nosa cidade.

De Masterchef ás Tanxugueiras

A verdade é que no noso país chove sobre mollado. Con diñeiro público (até do propio Concello) programas televisivos planificados e concibidos desde a capital do Estado teiman en ofender a nosa lingua, que é tanto como dicir que teiman en ofendernos a nós,

De novo a voltas co porto

Boa parte do futuro da nosa cidade está en xogo no seu porto. É por iso que levamos unha moción ao Pleno pasado, que felizmente obtivo o apoio maioritario da Corporación. Disto falo na miña útima colaboración co diario La Opinión.

Antigo cárcere provincial: crónica dunha vergoña

Non é calquera edificio. Ten un enorme valor arquitectónico, patrimonial e simbólico. Non podemos ficar de brazos cruzados mentres se vai tornando en ruínas. Falo do antigo cárcere da Coruña. Sobre el escribín un pequeno artigo para La Voz de Galicia. Velaí o tendes.

Teñamos o valor de darnos un futuro

Entramos en 2022 e os meus desexos para este novo ano condenseinos nun artigo que viu a luz nas páxinas de La Opinión. Boto man dun verso dun dos grandes da nosa literatura, Manuel Álvarez Torneiro (1936-2019), e canda el pido que teñamos o

A Casa Escariz, un legado para a cidade

A Casa Escariz é un ben de enorme valor arquitectónico que se debe incorporar xa de pleno dereito ao patrimonio municipal. E tócalle ao Goberno Local planificar canto antes os seus usos futuros, non sen deixar de resolver unha cuestión clave: reclamar o diñeiro

Reféns dunha partida de ping pong

É indignante ver como Xunta e Goberno do Estado ollan para outro lado, un a desviar a atención sobre o outro, no canto de asumiren as súas responsabilidades e, por tanto, indemnizar as persoas mariscadoras mentres duraren as obras de dragaxe da Ría do

A Coruña precisa outros orzamentos

Aínda non sabemos nada dos orzamentos do Concello da Coruña para 2022. E estamos a mediados de novembro…! Expreso a miña estupefacción neste artigo, que viu a luz nas páxinas locais da Voz de Galicia, e falo tamén dos orzamentos da Xunta e do

Nostián, o conto de nunca acabar

Ten na cabeza o Goberno Local que Nostián se acabe convertendo nun apéndice de Sogama? Agardamos que non, mais queremos advertir do serio risco de que iso sexa o que finalmente vaia acontecer. Sobre este asunto publiquei un artigo na Opinión da Coruña. Velaí

Discurso de benvida á XVIIª Asemblea Nacional

Pois a verdade é que foi un gran día para o nacionalismo galego este 7N, esta XVII Asemblea Nacional. E a min cóubome a honra de, en nome do BNG da Coruña, pronunciar o saúdo de benvida ás máis de 3 mil persoas que

O diñeiro público, mellor nos barrios da cidade

A política vai de optar. Hai 15 millóns de euros disponíbeis na Facenda local e o Goberno de Inés Rey quere empregalos na compra dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo. Fixádevos: na compra de terreos que xa son públicos. Un despropósito. Nós o

Máster en Chauvinismo

Con razón provocou indignación e vergoña allea a entrega do programa televisivo MasterChef realizado na nosa cidade. Non puiden menos que escribir unhas liñas ao respecto que viron a luz nas páxinas de La Opinión. Agardo que vos preste a súa lectura!

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.