Novas

Crieime nos Mallos

Pois si, coñézovos ben Os Mallos. E un barrio que sinto como propio. E sobre a súa situación actual impulsamos desde o BNG unha moción que, ao ser asumida por todos os grupos, foi aprobada por unanimidade no Pleno do xoves 7 de outubro.

Temos que salvar Alu Ibérica

Un dos maiores problemas que temos como cidade é o da desindustrialización. Non é posíbel modernizarmos o noso tecido produtivo sen un sector industrial vizoso, con capacidade de crear valor engadido e dar soporte a empregos de calidade. O último elo da cadea en

Sombras chinesas en María Pita

Pois si, algo de teatro, e dunha calidade non moi boa, estamos a vivir, máis ben a sofrer, en María Pita. Diso vai o artigo que veño de publicar nas páxinas de La Voz de Galicia. Con el vos deixo.

A Coruña 2041: o futuro comeza hoxe

O pasado xoves 16 de setembro inaugurouse a mostra que conmemora as dúas décadas de vida do xornal “La Opinión A Coruña”. Asistín ao acto, na compaña da nosa portavoz nacional, Ana Pontón. Con ela e coa directora de La Opinión posei na foto

O sempre vivo legado de Curros

Curros Enríquez, a súa obra, o seu legado, é un dos símbolos da nosa nación. Explícanos como o que somos, un pobo diferenciado. Iso foi o que tentei transmitir este mércores 21 de xullo coas miñas palabras no acto homenaxe que, nas vésperas do

Dous anos de mandato, moito que mellorar

Pois si, este mércores 26X xa fai dous anos que foron as eleccións municipais e, con tal motivo, fixemos unha análise do ecuador do mandato. Eis tendes a seguir o artigo que sobre o asunto publiquei en La Opinión. Saíu o pasado domingo. Este

Uma revolução que também é nossa!!

O venres 30 de abril foi o noso #25deAbrilSempre este ano. Ese día celebramos nun ateigado vestíbulo de Palexco un acto ben lindo de recordación dunha revolución que tamén é nosa. Tiven a honra de o presentar, de lle dar á palabra á nosa

Augas da Coruña: é de xustiza!!

Pois é. Esta semana levamos unha alegría: no Consello de Administración de EMALCSA soubemos que a empresa vai utilizar a partir de agora “Augas da Coruña” como marca comercial.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.