O BNG é a forza que ten a iniciativa e marca a dinámica da política municipal

A Praza Fariña chea abriu o curso político para o nacionalismo galego. Unha honra para a cidade e para o BNG da Coruña acoller este evento, coa intervención da nosa portavoz nacional. Nel dixen unas palabras que quero partillar convosco.

Comparte esta entrada

Bon día. Moitas grazas a todas e todos pola vosa presenza.

E moitas grazas á dirección nacional do BNG por escoller A Coruñapara este acto de inicio do curso político 2021-2022.

A Coruña. A cidade na que naceu o BNG. En 2022 fanse 40 anos.

A Coruña. A cidade na que tivo lugar, en  2016, a nosa X Asemblea Nacional, na que Ana Pontón foi eleita Candidata á Presidencia da Xunta e Portavoz Nacional do BNG.

Iniciamos un novo curso político no que o BNG ten o reto de seguir ensanchando a súa base social.

Nos Concellos comeza a segunda metade do mandato. As  eleccións municipais de 2023 albíscanse xa no horizonte.

Unhas eleccións que son unha grande oportunidade para ensanchar esa base social reforzando a presenza do BNG.

Por iso permitídeme que centre a miña intervención en facer balanzo dos dous anos de mandato e nos retos que temos por diante.

Na Coruña o BNG ten unha concelleira e un concelleiro.

Pero en moitos asuntos, o BNG é a forza que ten a iniciativa e marca a dinámica da política municipal.

Marcamos a dinámica cando conseguimos que se aprobase por unanimidade emprender accións legais contra os Franco para recuperar a Casa Cornide, do mesmo xeito que o traballo do nacionalismo galego foi decisivo para que se nos devolvese o Pazo de Meirás. Tivemos a iniciativa cando conseguimos que A Coruña, a cidade que viu nacer as Irmandades da Fala e a Academia Galega, teña, por fin, unha ordenanza para normalizar o uso do galego.

Por moito que saibamos que esa ordenanza ten que ir acompañada dun impulso político real para acadar a súa plena normalización.Unha vontade e un impulso político necesario, tamén,  para desenvolver o enorme potencial desta cidade no eido da cultura.

Marcamos a dinámica cando incluímos na axenda municipal a aposta por construír unha cidade á medida das persoas, humanizando e democratizando o acceso ao espazo público.Por moito que  saibamos que non abonda con actuacións puntuais e illadas. É necesario que estean incardinadas nunmodelo integral de cidade no que os barrios tamén teñen que ser protagonistas. 

Marcamos a dinámica cando denunciamos a parálise na creación da área metropolitana, obrigando a uns e outros a ter que reaxir. Ou cando conseguimos incluír na axenda municipal a revitalización do noso pequeno comercio a través da creación dunha bolsa de locais comerciais.

Tivemos a iniciativa cando,para facer fronte ás dificuldades de acceso á vivenda, acadamos o compromiso de poñer en marcha unha bolsa de vivendas en aluguer ou de negociar coa SAREB para que ceda ao Concello os seus inmóbeis para ofertarlos como vivenda social.

E témola tamén cando dicimos que os terreos do porto xa son públicos e non se nos pode facer pagar polo que é noso

Na Coruña somos, de momento, unha concelleira e un concelleiro. Pero a dinámica marcada polo BNG obrigou a uns e outros a rectificar. Ao PSOE a negociar os orzamentos, despois da súa negativa neste exercício. E a outros a abandonar actitudes que facían difícil chegar a acordos.

En definitiva, prevaleceu a liña que defendeu o BNG: combinar o exercicio do labor de crítica e fiscalización que debe facer unha forza da oposición, coa formulación de propostas e a disposición de chegar a acordos polo ben da cidade.

Prevaleceu a liña que defendeu o BNG: combinar o exercicio do labor de crítica e fiscalización dunha forza da oposición, coa formulación de propostas e a disposición de chegar a acordos

Exercemos a oposición cunha actitude positiva e  propositiva. Os trazos do BNG que premiou a sociedade galega nas pasadas eleccións autonómicas.

Por isoo noso reto para 2023 é ser a alternativa.

A nosa vocación é construír unha alternativa que dote dun impulso verdadeiramente transformador ás políticas municipais.

Pero permitídeme, aproveitando a presenza neste acto de Ana Pontón,que antes de dar paso a Mercedes Queixas, remate cunha reflexión.

Coñezo dende hai moito tempo a Ana. E fágovos unha confesión. Aínda que no substancial concordamos, e creo que sempre nos levamos ben, en ocasións tivemos as nosas diferenzas. Posibelmente por culpa miña.

Por moito que aparente ser unha persoa serea e reflexiva, os que me coñecen saben que son nervoso, emocional e tamén teño as miñas teimas e obsesións.

Dito sen tanta finura, ás veces hai que darme de comer a parte.

E ás veces tocoume, por sentido do deber, asumir responsabilidades que, sinceramente, eu non ambicionaba, e que ademais, naquel momento, sabía que eran un “marrón”.

Ás veces tocoume, por sentido do deber, asumir responsabilidades que, sinceramente, eu non ambicionaba, e que ademais, naquel momento, sabía que eran un “marrón”.

E sentín, tamén as veces, o peso e a soedade  que conlevaban esas responsabilidades, por moito que me soubese  respaldado.

Para min, as cualidades de liderado de Ana non foron unha sorpresa. Coñecía de sobra as súas capacidades.

Ana foi capaz de conseguir que moitas persoas resintonizasen co BNG. E que outras moitas comezasen a ollar por primeira vez cara nós.

Ana Pontón foi capaz de conseguir que moitas persoas resintonizasen co BNG. E que outras moitas comezasen a ollar por primeira vez cara nós.

Fíxoo sen renunciar en nengún momento aos principios que inspiran o BNG, nin aos nosos obxectivos.

Achegando un discurso sereo e apegado á realidade, un discurso positivo e ilusionante, empático e inclusivo.

Respecto que se tome un tempo para reflexionar. É unha decisión honesta e xenerosa.

Pero coas eleccións autonómicas 2020 iniciouse un novo ciclo que situou no BNG a responsabilidade de construír a alternativa de goberno para impulsar o cambio que este país necesita.

E non me cabe dúbida de que a persoa máis válida para liderar o proxecto que consolide o BNG como un actor político decisivo no noso país e para impulsar, dende a Presidencia da Xunta de Galiza, o cambio que necesita o noso país Chámase Ana Pontón.

Pero antes de dar paso a Ana, permitídeme que vos deixe con outra persoa que achega, como Ana,  coherencia e compromiso, 

E tamén

Serenidade,

Empatía,

Intelixencia

E ilusión

Chámase Mercedes Queixas. 

Con ela vos deixo.

Moitas grazas.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.