O sempre vivo legado de Curros

Curros Enríquez, a súa obra, o seu legado, é un dos símbolos da nosa nación. Explícanos como o que somos, un pobo diferenciado. Iso foi o que tentei transmitir este mércores 21 de xullo coas miñas palabras no acto homenaxe que, nas vésperas do Día da Patria Galega, lle vén tributando Galiza Nova desde hai xa 27 anos. Un acto que se fai nun escenario tamén cheo de simbolismo, ao pé da estatua coa que Asorey inmortalizou Curros. Eis a seguir o texto da miña intervención.

Comparte esta entrada

En primeiro lugar quero felicitar a Galiza Nova por manter viva esta oferenda

Porque, como xa teño dito noutras ocasións, hai que saber de onde se vén se non se quere perder a referencia de cara onde se quere ir. E a referencia de Curros, nese sentido, é fundamental.

Este ano celebramos o 25 de Xullo co lema Galiza sen límites

Con este lema queremos significar que acreditamos no enorme potencial do noso país. Somos un país rico en recursos, formado por xente traballadora, con capacidade e talento. Galiza ten futuro se é capaz de romper coas ataduras que lle impiden avanzar, se  como pobo somos capaces de decidir por nós mesmos, poñendo os recursos do noso país ao servizo do noso progreso e benestar colectivo.

E isto tíñao tamén claro Curros.

Curros participaba das correntes máis avanzadas do seu tempo. Era un demócrata, un republicano e un progresista convencido.

Un defensor dunha sociedade laica fronte ao xugo do clericalismo. Pero sobre todo era un poeta comprometido co seu pobo. E ese compromiso levounjo a comprender que o progreso de Galiza e a emancipación das súas xentes só podía acadarse asumindo que Galiza é un país diferenciado que debe ser dono de sí.

E é importante tamén lembralo na cidade da Coruña. Unha cidade que sempre estivo á vangarda na defensa da liberdade e o progreso. E precisamente por iso foi berce do nacionalismo galego. Aquí naceron en 1916 as Irmandades da Fala. E 66 anos despois, tamén naceu aquí o BNG

A Coruña foi pioneira na celebración do Día da Patria Galega. O Concello da Coruña foi a primeira institución galega en chamar a celebrar ese día como o máis grande da nosa patria, chamando a engalanar con bandeiras galegas os balcóns. E hai xusto agora cen anos, o 25 de xullo de 2021 -por iniciativa do Lois Peña Novo, o primeiro concelleiro nacionalista na historia do noso país e dun alcalde republicano, o alcalde Lens- a bandeira galega ondeou por primeira vez nun edificio institucional no noso país. O Pazo de María Pita.

O Concello da Coruña foi, en 1921, a primeira institución galega en chamar a celebrar ese día como o máis grande da nosa patria, chamando a engalanar con bandeiras galegas os balcóns

Dicíavos que o 25 de Xullo deste ano ten por lema Galiza sen límites. Pero tamén ten un sublema: Cun BNG sen límites

Somos o pobo galego autodeterminado

No BNG recae a tarefa de facer posíbel esa Galiza sen límite, a responsabilidade histórica de construír nación.

Somos unha nación. É unha realidade obxectiva. Pero as políticas que nos condenan á submisión e á dependencia intentan facer de Galiza un país en proceso de deconstrucción. E temos a responsabilidade histórica de reverter ese proceso

Tamén o BNG da Coruña.  Dende aquí tamén queremos facer realidade o soño de Novoneyra. O soño de ir un día a Compostela, ou ao Courel por terras liberadas E para iso fan falta todas as máns e todas as voces.

Sobre todo se son mans e voces tan valiosas como as de Mercedes Queixas. Con ela vos deixo. Moitas grazas

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.