O sempre vivo legado de Curros
Curros Enríquez, a súa obra, o seu legado, é un dos símbolos da nosa nación. Explícanos como o que somos, un pobo diferenciado. Iso foi o que tentei transmitir este mércores 21 de xullo coas miñas palabras no acto homenaxe que, nas vésperas do Día da Patria Galega, lle vén tributando Galiza Nova desde hai xa 27 anos. Un acto que se fai nun escenario tamén cheo de simbolismo, ao pé da estatua coa que Asorey inmortalizou Curros. Eis a seguir o texto da miña intervención.