Partido de tenis a conto da Intermodal

Pois a verdade é que aburre un chisco, é unha historia que xa cansa de máis. Refírome á tirapuxa sobre a Intermodal entre goberno local e galego. Quen paga a factura, en forma de demoras inxustificadas na dotación desta infraestrutura, é a nosa cidade. Sobre o asunto escribín estas liñas para La Opinión.

Comparte esta entrada

Asistimos estes días a un novo partido de tenis entre Xunta e Concello. Desta volta, a conto da Intermodal.

A Xunta argumenta que non pode licitar a parte que lle corresponde (a terminal de autobuses) por falta de fondos municipais que aseguren o cumprimento dos compromisos subscritos polo Concello. 

O Goberno local responde que hai mecanismos para que non se paralicen os trámites mentres non houber novos orzamentos municipais.

A Xunta está a usar a ausencia de orzamento municipal como elemento de desgaste político, ao servizo da estratexia do PP local

É evidente que a Xunta está a usar a ausencia de orzamento municipal como elemento de desgaste político, ao servizo da estratexia do PP local, que vén de se ofrecer para negociar co Goberno local un modificativo de crédito.

Mais o certo é que no Pleno do pasado 3 de febreiro aprobouse o convenio para a execución da terminal de autobuses, supeditando a súa asinatura, e condicionando o compromiso económico deste exercicio orzamentario que da mesma se derivaría, á previa tramitación e aprobación da modificación presupostaria que o dote de crédito adecuado e suficiente.

O propio interventor do Concello advirtiu de que, coas contas de 2020 prorrogadas, non existe crédito orzamentario axeitado e suficiente para a Intermodal.

Por tanto, tamén é evidente que o Goberno local non está a cumprir cos seus deberes.

En setembro, PSOE e Marea optaron por negociar entre eles os orzamentos excluíndo o BNG. Dende aquela ese acordo traduciuse nunha continua escenificación. Mais o problema é cando a escenificación oculta a inacción.

Escenificouse un acordo para impulsar a área metropolitana que ficou en nada. Escenificouse un acordo para impulsar un operador enerxético que comezará a funcionar, se é que o fixer algún día, nas calendas gregas. Agora a escenificación consiste nunha mesa social sobre o dereito á vivenda, convocada, nun formato moi innovador, polo Goberno Municipal e o Grupo Municipal da Marea Atlántica,  baixo o rótulo de “reservado o dereito de admisión”.

E, mentres tanto, o Concello continúa sen orzamentos, o que pon en serio risco importantes investimentos.

Esa é a proba máis palpábel dunha escenificación que oculta a inacción e dun Concello que presenta unha preocupante parálise.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.