Cidade deportiva

Programa · A Coruña cidade deportiva

O BNG entende o “Deporte” no seu sentido amplo, como un conxunto de  actividades físicas, deportivas e recreativas orientadas a favorecer a integración e a calidade de vida das persoas, incluíndo a toda a comunidade, sen discriminación de idade, sexo, condición física, social, cultural, étnica ou racial, máis tamén como un medio esencial que garante calidade de vida e aumente os anos de vida saudábeis.

O deporte coruñés ten que ser un exemplo para a cidadanía, que cumpra cunha política orientada a favorecer a integración, e a calidade da vida das persoas sen discriminacións, que sexa transversal, e que axude a crear unha sociedade mellor.

O obxectivo do BNG será desenvolver un modelo deportivo coruñés que ca axuda das políticas feministas, logre mellorar a súa vertente educativa, de promoción do deporte base, e da actividade física saudábel, así como o ámbito competitivo, que impulse a actividade profesional deportiva de alto nivel, e sempre libre de discriminacións, que sexa integrador, para que chegue a todas as idades e colectivos, é para iso, é preciso ofrecer programas adaptados, que perduren no tempo, e se organicen de forma interdisciplinar dende as distintas concellarías do concello, para que ninguén se quede fora.

Para lograr estes obxectivos será fundamental non só colaborar cos movementos asociativos veciñais, educativos, feministas, deportivos e colectivos que traballan en temas relacionados coa saúde, a mobilidade, e as necesidades educativas especiais, alén de institucións públicas, se non tamén darlles ferramentas que poidan usar, coma facilitar información e formación.

  1. Apoio e diálogo constante co tecido deportivo da cidade.
  2. Compromiso de acordar co tecido deportivo da cidade as obras de reforma das instalacións deportivas municipais así como as de nova creación.
  3. Mantemento do Consello Municipal de Deportes e dos seus grupos de traballo.
  4. Creación no Consello Municipal de Deportes dun grupo sobre a violencia no deporte, que permita tanto recoller denuncias e queixas como elaborar estratexias para previla e traballar a prol da ética no deporte, incluíndo a elaboración dun plan municipal de ética e deporte para a prevención das diferentes formas de violencia.
  5. Estudo para a xestión directa das infraestruturas e das programacións relacionadas co deporte.
  6. Inclusión dentro da formación permanente das técnicas e técnicos do concello (servizos sociais, educación, deportes, etc.) cursos sobre deporte e perspectiva de xénero e deporte social.
  7. Divulgación da memoria do deporte galego que permita amosarlle á cidadanía tanto a orixe do deporte na Coruña como as prácticas propias.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.