Cidade para traballar

Programa · A Coruña cidade para traballar

Impulsaremos unha Coruña próspera, cunha economía diversa e puxante, unha Coruña que sexa o motor económico de Galiza.

O Concello, en diálogo coas outras administracións e os axentes sociais, debe impulsar un proxecto económico de futuro a escala metropolitana que defina e afiance o papel de Coruña en Galiza e no sistema de cidades.

Ademais, o Concello, no exercicio das súas competencias, debe ser un axente dinamizador, cunha administración áxil e eficaz e unha política de investimentos e contratacións públicas que dinamice a economía, xere  fortaleza o tecido económico local. A xeración de emprego será un obxectivo transversal en todas as políticas municipais.

  1. Creación dun Consello Económico e Social que sexa un marco de diálogo e consulta permanente cos axentes sociais.
  2. Elaborar e impulsar, de xeito dialogado cos restantes concellos da área metropolitana, outras administracións, axentes sociais e a UDC, un Plan de desenvolvemento en torno aos seguintes eixos:
    • Impulsar a renovación e a diversificación do noso sector industrial, que superar a excesiva dependencia do sector servizos da economía comarcal.
    • Apoiar o desenvolvemento da investigación e innovación. Apoiar o proxecto liderado pola UDC de crear a cidade das TIC e desenvolver o INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica).
    • Promover a revitalización, a modernización e a diversificación do pequeno comercio.
    • Promocionar unha imaxe de marca asociada á calidade dos nosos produtos do mar e incentivar o estabelecemento de industria innovadora vinculada á economía azul.
    • Proxectar A Coruña como referencia mundial da moda galega.
    • Potenciar a economía verde, vencellada á posta en valor dos produtos da terra, o consumo responsábel e a revitalización do comercio de proximidade.
    • Deseñar unha política de investimentos e contratacións públicas que dinamicen a economía, xeren emprego e fortalezan o tecido económico local.