Cidade pola igualdade

Programa · A Coruña cidade pola igualdade

A Coruña, é unha cidade feminista, que reclama unha sociedade sen discriminacións, libre de violencias machistas e LGBTifobía, e que non pode nin debe dar pasos atrás nas políticas que implementa está urbe no seu día a día.

As rúas énchense cando o feminismo sae a berrar contra o machismo e patriarcado, contra a Lgtbifobía, e contra calquera indicio de discriminación, porque aínda que sabemos que hai moito conseguido, queda moito por loitar, e sempre estaremos vixiantes para non retroceder en dereitos, e a nosa obriga ca cidadanía.

Por iso e importante non esquecer as vítimas, os asasinatos, o machismo e patriarcado que sufre está sociedade, porque é necesario facerlle fronte, para que nalgún momento todo iso sexa cousa do pasado.

Creemos nunha sociedade de corresponsabilidade e conciliación, na que a mocidade creza en dereitos e liberdades sen discriminacións, nun deporte inclusivo, e que as persoas maiores non sexan as grandes esquecidas, ese é o noso principal compromiso, e sempre será así cunha perspectiva feminista.

  1. Cumprimento estrito da Ordenanza de Igualdade do Concello da Coruña.
  2. Elaboración inmediata dun elaboración dun Plan Municipal de Igualdade.
  3. Realización dun estudo sobre a fenda salarial e as condicións laborais na que se atopan as mulleres que traballan nas distintas empresas adxudicatarias e concesionarias do Concello da Coruña co obxectivo de atallar estas formas de discriminación.
  4. Convocatoria do Consello Municipal de Igualdade co fin de que este cumpra con todas as funcións encomendadas na Ordenanza Municipal de Igualdade na Diversidade e a cumprir cos mandatos recollidos nesta normativa municipal.
  5. Elaboración dun estudo sobre o uso do tempo e do espazo na cidade en colaboración con sectores afectados (pequeno comercio, servizos administrativos, transporte…) para traballarmos nun uso eficiente dos horarios de apertura ao público así como nun uso igualitario dos espazos públicos da cidade.
  6. Incorporación en todos os orzamentos un informe completo de impacto de xénero no camiño de rematar o mandato con orzamentos de xénero que incorporen esta visión a todas as medidas dirixidas á cidadanía da Coruña.
  7. Incorporación dun informe de impacto de xénero naquelas ordenanzas que afecten directamente as persoas.
  8. Introdución no proxecto educativo da rede de escolas infantís a perspectiva de xénero como prioridade, para traballarmos en prol da eliminación dos estereotipos de xénero coas familias e desde as primeiras idades.
  9. Implementación dos patios coeducativos nos Colexios de Educación Infantil e Primaria.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.