Cidade segura e de convivencia

Programa · A Coruña cidade segura e de convivencia

As políticas de convivencia e seguridade cidadá deben desenvolverse a partir dos valores de respecto, tolerancia, solidariedade, confianza mutua e inclusión. Temos,  pois, que atender especificamente os problemas de convivencia nos lugares ou circunstancias de maior conflitividade e contar coa colaboración do tecido asociativo da cidade.

É intención do BNG pularmos para que se estabelezan protocolos de actuación que se encamiñen a garantir o respecto dos dereitos e das liberdades públicas de todas as persoas e erradicar calquera forma de discriminación de minorías étnicas, relixiosas ou de calquera outra índole.

No BNG comprometémonos a garantir a xestión pública da seguridade cidadá e mellorarmos a prevención como forma de gañar eficacia no servizo de protección civil.

  1. Conformación dunha Xunta Local de Convivencia, na que estean representados a institución municipal, as axencias policiais e o conxunto do tecido asociativo da cidade implicado en cuestións de convivencia.
  2. Creación dun Servizo de Mediación que sirva para formar en mediación o persoal municipal e o tecido asociativo, mais tamén para promover a solución pacífica dos conflitos e a empatía na cidadanía.
  3. Elaboración dun plan de acción e contra os delitos e discursos de odio que parta dunha diagnose por barrios e inclúa accións comunitarias (como mediación), educativas (reforzo dos programas de Educa Coruña) e de participación (colaborando co tecido asociativo de cada un dos barrios).
  4. Creación dun órgano encargado de atender as queixas e recoller as propostas que a cidadanía realice en materia de convivencia. Estabelecer mecanismos de avaliación dos resultados de atención a esas suxestións.
  5. Derrogación dos aspectos da Ordenanza de limpeza que limitan a liberdade de expresión e criminalizan a pobreza.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.