Memoria democrática

Programa · A Coruña de memoria democrática

  1. Compromiso de dotar dentro do Goberno Municipal dunha concellaría responsábel da Memoria Democrática con medios propios e suficientes.
  2. Potenciación do Consello Municipal da Memoria Democrática
  3. Retirada dos nomes das rúas relacionadas co Franquismo.
  4. Supresión da simboloxía franquista, tendo en conta o que estabelece o artigo 1.3 da Lei de Memoria Democrática (LMD).
  5. Inicio das accións legais contra os herdeiros do ditador para acadar a devolución da Casa Cornide.
  6. Restauración da memoria dos cargos públicos e das traballadoras e dos traballadores municipais que sufriron represalias durante o Golpe de Estado de 1936, a Guerra Civil e a Ditadura:
    • anulación dos expedientes de sancións, despidos e depuracións,
    • presentación dunha querela contra os crimes que se cometeron contra elas/es
    • realización de actos na súa lembranza.
  7. Creación dun espazo, sala ou museo para a recuperación da memoria histórica e democrática.
  8. Potenciación da Oficina de Atención ás Vítimas do Franquismo.
  9. Desenvolvemento de actos institucionais de recoñecemento ás vítimas do Franquismo e ás súas familias.
  10. Realización de actos en lembranza ás mulleres represaliadas. en “recoñecemento do papel activo das mulleres na vida intelectual e política, na promoción, avance e defensa dos valores democráticos e os dereitos fundamentais.
  11. Realización, de acordo co Deporivo e a Federación de Peñas, dun acto de lembranza e recoñecemento a Bebel García, xogador do Deportivo, asasinado polo fascismo con 22 anos.
  12. Solicitude como Lugares de Memoria Democrática o cemiterio de Santo Amaro, Memorial da avenida de Navarra, Campo da Rata, Punta Herminia, Antigo Cárcere Provincial, monumento do Portiño e o porto das Xubias.
  13. Divuldación, sinalización e conservación destes lugares.
  14. Recoñecemento aos 108 galegxs asasinadxs no campo de concentración de Mauthausen- Gusen.
  15. Recuperación do monólito no cemiterio de Santo Amaro, levantado en 2006 por subscrición popular que está bastante abandonado e que lembra as vítimas (catro mulleres e cinco traballadores) que morreron na folga xeral de finais de maio de 1901.
  16. Restauración das placas existentes que recoñecen as vítimas do Franquismo na cidade e instalación de novas placas que salienten os lugares de vida ou activismo doutras vítimas, entidades ou lugares salientábeis.
  17. Elaboración de material didáctico sobre os lugares da memoria democrática e a historia da represión franquista, en aplicación do artigo 44.1. da LMD, e programas específicos de divulgación que incluirán o relato das vítimas e especificamente a memoria das mulleres” (artigo 48.1 da LMD).
  18. Colaboración coas asociacións memorialistas e outras institucións na localización e exhumación das persoas vítimas do franquismo, que aínda están en fosas comúns.
  19. Apoio á Querela Arxentina para que se xulgue os crimes contra o franquismo, que non prescriben, cometidos durante a Ditadura.
  20. Apoio á recuperación total do pazo de Meirás, tamén con todo o seu contido, para o patrimonio público.
  21. Continuar coa colaboración do Concello da Coruña nas actividades relacionadas coa concesión pola CRMH da Coruña da distinción de Republicana de Honra.
  22. Apoio as entidades que traballan no eido da memoria democrática.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.