Que fai a alcaldesa para frear a desindustrialización da cidade?

No #PlenoAbril, pregunteille ao Goberno Local que xestións fixera directamente a alcaldesa perante a ameaza de peche ou deslocalización de empresas como Alu Ibérica ou Naturgy.

Comparte esta entrada

No #PlenoAbril, pregunteille ao Goberno Local que xestións fixera directamente a alcaldesa perante a ameaza de peche ou deslocalización de empresas como Alu Ibérica ou Naturgy. Fíxeno o mesmo día en que infelizmente coñecemos a noticia de que Repsol decretaba un ERTE sobre un terzo, 212 traballadoras e traballadores, da Refinaría da Coruña. A resposta do portavoz José Manuel Lage foi tan decepcionante como evasiva. Deíxovos aquí a transcrición da miña intervención.

Sr. Concelleiro, congratulámonos, igual que os traballadores, de que a Alcaldesa dese o paso de facer fronte común coa alcaldesa de Avilés. Pero non abonda. Para demandar ao Goberno central e aos gobernos autonómicos medidas para garantir o emprego e esixir a convocatoria de seguimento da venda das antigas plantas de Alcoa non era preciso viaxar a Avilés.

Xa en maio de 2020 este pleno aprobou unha moción na que se instaba, ante as dúbidas da operación de revenda da antiga Alcoa ao grupo Riesgo, a que se investigase esa venda;  non se avalese nengunha operación que non asegurase  o mantemento do emprego; e se estudasen cantas alternativas fosen necesarias para asegurar a pervivencia dun sector industrial estratéxico, incluída a súa incorporación ao sector público.

Fíxose algo, alén de dar traslado formal deste acordo plenario a outras institucións?

Porque en xaneiro de 2021 o Pleno volveu pronunciarse nos mesmos termos, incluída a petición de que se investigase a praxe da compañía.

Entrevistouse a Alcaldesa coa Ministra e o Conselleiro de Industria?

O pasado mes de marzo, o Pleno tamén instou o Goberno Municipal a realizar cantas xestións fosen necesarias para demandar a continuidade do Centro de Operacións de Redes de Naturgy na Coruña. Que accións emprendeu o Goberno Local para evitar este traslado?

Pero poderíamos seguir. Porque ao longo do mandato aprobamos distintos pronunciamentos ante a ameaza de peche ou de deslocalización de distintas empresas.

Ou sobre a Ría do Burgo, porque da mesma tamén dependen moitos empregos presentes e futuros.  E os mariscadores aínda están agardando o compromiso de pago de compensacións mentres duren os traballos de rexeneración da ría.

Que fixo o Goberno Local?

E continuando coas preguntas: Cando se vai constituír o Consello Económico e Social? Que plans ten o Goberno Municipal para impulsar un plan de desenvolvemento e reindustrialización da área da Coruña?

Sr. Concelleiro, sei que as cuestións que estamos suscitados sobardan as competencias do Concello. Pero A Coruña está vivindo un proceso de desindustrialización moi preocupante. E a crise da Covid non fixo senón agravar os problemas derivados da excesiva dependencia do sector servizos.

Por iso, o Concello non pode ser un espectador pasivo mentres non para de destruirse emprego: ten que ter unha actitude proactiva: mediar ante as ameazas de peche e deslocalización, ter interlocución coa Xunta e Goberno Central e esixir que exerzan as competencias e as  ferramentas de presión que teñen na súa man.

E ten que ter liderado: ter claro o modelo. O proxecto de futuro que se quere para A Coruña e a súa comarca, tamén no económico. E actuar como aglutinante e indutor, mobilizando as enerxías que ten esta cidade para avanzar cara ese horizonte.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.