Que medre a lingua!

O sábado 11 de xuño o BNG da Coruña tivo a honra de ser o anfitrión do Encontro Nacional “Medre a lingua!”, un evento que contou coa participación da nosa portavoz nacional, Ana Pontón e no que nos debruzamos sobre a situación da nosa lingua nacional. Un idioma que atravesa momentos difíciles, mais que ten enormes potencialidades se somos quen de corrixirmos o rumo das políticas públicas que se fan ao seu respeito. A seguir, a intervención coa que dei a benvida ás participantes neste encontro.

Comparte esta entrada

Benvid@s a este Encontro nacional que ten lugar no Edificio Sindical da Coruña, situado nesta Rúa Lamelas,  moi perto da Avenida da Vedra.

Porque así se chamaba e así se debería chamar.

A Vedra e non Alfonso Molina.

A Vedra, porque Alfonso Molina foi un alcalde franquista, que entre outros méritos tivo o de ser un colaborador decisivo para que os Franco se apropiasen do Pazo de Meirás.

A Vedra, porque esta cidade ten unha riquísima microtoponimia que cómpre recuperar e poñer en valor.

Como hai que poñer en valor a nosa lingua e impulsar a súa plena normalización.

“Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”, dicía Castelao

E para nós, como para os fundadores das Irmandades da Fala, Galiza é célula de universalidade.

Ser Galegos é a nosa forma de estar no mundo. Somos universais, precisamente porque somos galegos.

No idioma está impresa a nosa memoria como pobo.

O idioma é un compoñente fundamental da nosa identidade.

E termos unha lingua propia, que ademais é a matriz dun sistema idiomático con máis de 270 millóns de falantes no mundo,  debe ser fonte de riqueza e progreso.

Por iso douvos a benvida a unha cidade que por fin ten unha ordenanza para o impulso da lingua galega,  grazas ao impulso do BNG.

Aínda que non abonda. Necesitamos un goberno local que non se conforme con que haxa unha ordenanza, senón que vele para que se cumpra e impulse a normalización.

Benvidos á cidade na que naceron a Academia Galega e as Irmandades da Fala

Na que naceu o nacionalismo histórico e tamén o BNG.

En setembro cúmprense 40 anos. Agardámosvos no Frontón de Riazor.

Boa xornada de traballo e que MEDRE A LINGUA

Para que o Galego e Galiza dure mil primaveras máis

Deíxovos xa con Ana Pontón.

Moitas grazas

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.