Sobre min

O meu nome completo é Francisco Jorquera Caselas. Nacín no ano 61 e vivo no barrio do Castrillón. Son licenciado en Xeografía e Historia na USC, estou casado e teño un fillo e unha filla.

Son ferrolán de nacemento e coruñés de adopción, cidade na que botei raíces e sinto como miña.

Iniciei a miña militancia aos 17 anos e pertenzo ao BNG dende a súa fundación. Fun dirixente de ERGA e os CAF nos anos mozos e logo desenvolvín distintas responsabilidades organizativas e institucionais, defendendo con orgullo e dignidade os intereses de Galiza nas Cortes e no Parlamento Galego.

Fun presidente da Fundación Galiza Sempre e agora teño a honra de poder traballar en primeira liña pola miña cidade, en calidade de portavoz do grupo municipal do BNG.

Gosto do mar, da lectura, do cinema e da boa música.

Son nacionalista por convicción e necesidade, porque na Galiza ser  nacionalista é unha cuestión de supervivencia como país.

Podemos falar no meu twitter.