Temos que salvar Alu Ibérica

Un dos maiores problemas que temos como cidade é o da desindustrialización. Non é posíbel modernizarmos o noso tecido produtivo sen un sector industrial vizoso, con capacidade de crear valor engadido e dar soporte a empregos de calidade. O último elo da cadea en perigo é o de Alu Ibérica, a antiga Inespal. Falo sobre iso no artigo que publiquei en La Opinión de A Coruña este domingo.

Comparte esta entrada

O pasado martes recibimos en María Pita o comité de empresa de Alu Ibérica, unha industria situada na nosa cidade que está en serio risco de desaparecer.

Non o podemos permitir. Non estamos ante un problema que afecte só a un colectivo de traballadores. Estamos ante un problema que afecta a toda Coruña e á súa comarca.

A Coruña non pode vivir exclusivamente do sector servizos. Necesitamos industria. Innovación. Investigación.Necesitamos unha economía que cree valor engadido e empregos de calidade.

E como podemos salvar Alu Ibérica?

Primeiro, actuando sobre o prezo da electricidade.

Hai que mudar a regulacion e asegurar un prezo estábel e competitivo para industrias altamente dependentes da electricidade como é caso de Alu Ibérica.

En definitiva, hai que rematar coa vergoña de que vivamos nun país, Galiza, que é un grande produtor eléctrico e haxa xente que pasa frío e empresas que poden pechar polo prezo abusivo da electricidade.

É necesaria a intervención pública da empresa.  Como fixeron Alemaña, Franza e Italia con compañías de sectores que consideraban estratéxicos.

Segundo, é necesaria a intervención pública da empresa.  Como fixeron Alemaña, Franza e Italia con compañías de sectores que consideraban estratéxicos.

Estamos a falar dunha planta que era propiedade de Inespal, unha empresa pública que daba beneficios, e que  foi vendida a Alcoa nunhas condicións moi ventaxosas acompañadas de axudas públicas.

Non é de recibo que unha multinacional se beneficie de axudas públicas para facerse cunha posición dominante e, unha vez asegurado o mercado, traslade a produción a outros países.

Pero, ademais, a planta coruñesa foi revendida por Alcoa a outros propietarios, co aval da Xunta e o Goberno central,   nunha operación que se revelou totalmente fraudulenta, como denunciaron os traballadores  dende o principio.

Por iso, nin o Goberno galego nin o Goberno central poden eludir a súa responsabilidade.

Mais, sobre todo, para salvar Alu Ibérica hai que asumir que estamos ante unha demanda de cidade e unha demanda de país.

En definitiva, temos que salvar Alu Ibérica porque a industria é un sector estratéxico. Sen ela non hai futuro.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.