Teñamos o valor de darnos un futuro

Entramos en 2022 e os meus desexos para este novo ano condenseinos nun artigo que viu a luz nas páxinas de La Opinión. Boto man dun verso dun dos grandes da nosa literatura, Manuel Álvarez Torneiro (1936-2019), e canda el pido que teñamos o valor de darnos un futuro.

Comparte esta entrada

“Teñamos o valor de darnos un futuro”, reza a felicitación do BNG da Coruña para este ano novo, extraída dun poema do xornalista e escritor coruñés Manuel Álvarez Torneiro.

O meu desexo para 2022 é que dunha vez por todas venzamos a Covid e as súas consecuencias e teñamos o valor de darnos un futuro, aprendendo das leccións que a pandemia nos deixou.

Por exemplo, a importancia de termos uns servizos e unhas políticas públicas robustas e eficaces, imprescindíbeis para asegurar a saúde, o benestar e a protección social. Teñamos o valor de darnos un futuro, facendo que A Coruña sexa un referente.

Ou a importancia da ciencia. Nunha cidade con institucións do relevo do INIBIC e científicos do prestixio internacional de Diego Gónzález Rivas, teñamos o valor de darnos un futuro, poñendo en valor a nosa ciencia e  investigación. 

Tamén a importancia da economía propia, para non sermos dependentes en exceso dos suministros do exterior. Teñamos o valor de darnos un futuro, mobilizando e poñendo en valor os nosos recursos para que A Coruña sexa o motor económico que Galiza necesita.

A pandemia tamén nos ensinou a importancia de termos cidades á medida das persoas, cun espazo público de calidade. Na Galiza temos modelos como Pontevedra que son unha referencia mundial.

Teñamos o valor de darnos un futuro, superando modelos urbanísticos do pasado, para facer da Coruña un modelo de calidade urbana e de democratización do espazo público.

Desexo ás coruñesas e coruñeses saúde, progreso e xustiza.

E que entre todas e todos teñamos o valor de darnos un futuro, facendo da Coruña unha cidade modelo.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.