Uma revolução que também é nossa!!

O venres 30 de abril foi o noso #25deAbrilSempre este ano. Ese día celebramos nun ateigado vestíbulo de Palexco un acto ben lindo de recordación dunha revolución que tamén é nosa. Tiven a honra de o presentar, de lle dar á palabra á nosa compañeira, a nosa voz en Bruxelas Ana Miranda, e aos parlamentares do Bloco de Esquerda, Zé Soeiro e Maria Manuel. Deíxovos a seguir o texto da miña intervención.

Comparte esta entrada

Enquanto há força
No braço que vinga
Que venham ventos
Virar-nos as quilhas
Seremos muitos

Seremos alguém
Cantai rapazes
Dançai raparigas
E vós altivas
Cantai também

Levanta o braço
Faz dele uma barra
Que venha a brisa
Lavar-nos a cara
Seremos muitos
Seremos alguém
Cantai rapazes
Dançai raparigas
E vós altivas
Cantai também

ACTO 25 ABRIL. 

Ana Miranda. Xosé Soeiro.

Boa tarde, grazas pola vosa presenza.

Permitídeme que comezase este acto recitando o texto desta canción do Zeca Afonso que creo que resume o espírito de abril.

Algúns vos preguntaredes porque recitei o texto en vez de cantalo.

A explicación é moi sinxela: xa tivemos que trasladar este acto a Palexco por mor da ameaza de chuvia. Non quero ser eu quen contribúa a agravar a situación.

En primeiro lugar quero pedirvos desculpas porque a nosa intención era ter realizado este acto o pasado domingo, coincidindo co 47 aniversario da revolución dos cravos

Mais por diversos motivos tivemos que retrasar varios días a súa celebración

E permitídeme que comece tamén cunha lembranza persoal á que xa fixen alusión hai 3 anos, noutro acto sobre o 25 de abril

No verán de 1981 asistín a un concerto de José Afonso no Auditorio do Parque de Castrelos, en Vigo

E naquel concerto produciuse un suceso que me chamou moito a atención

José Afonso non cantou Grándola

Ao rematar o concerto o público posto en pé comezou a berrar Grándola!, Grándola!

José Afonso voltou ao cenario, fixo varios bis, pero  seguiu sen cantar Grándola,

e ao final foi o público posto en pé quen a cantou, e pouco menos que obrigou ao Zeca a ter tamén que cantála.

É posíbel que José Afonso non cantase Grándola porque a súa  obra musical é moi rica e non se esgota en Grándola

Pero creo que José Afonso non quería cantar Grándola porque pensaba que o espírito desa canción, e do propio 25 de abril, estaba a ser traizoado

Moitas das conquistas da revolución estaban a ser desmontadas

Pero aínda que fose así, son moitas as cousas que deixou o 25 de abril en herdanza

Nesta comarca seguimos loitando para recuperar a Casa Cornide e para que os Franco non se apropien dos bens do Pazo de Meirás

Imaxinades que en Portugal Salazar ou Marcelo Caetano se tivesen apropiado dun pazo, que é de todos, e rematada a ditadura seguise en mans dos seus herdeiros?

Imaxinades que en Porto unha das avenidas principais se chamase Antonio de Oliveira Salazar como pasa aquí coa Avenida Primo de Rivera?

Xa sei que non está adicada ao fundador da Falange senón ao seu pai. Mais Miguel Primo de Rivera tamén foi un ditador.

Imaxinades en Portugal a altos mandos militares no retiro, enviando un manifesto ao Xefe de Estado pouco menos que animándoo a encabezar un golpe contra o Goberno

Ou que militares retirados digan nun foro de internet que isto se soluciona fusilando a varios millóns de “fillos de puta”?

Non, verdade?

Porque en Portugal houbo unha ruptura democrática coa ditadura

Non unha reforma.

Non unha transición a partir das propias institucións e do propio marco legal ilexítima  establecido pola ditadura

Algo que por exemplo fixo que unha das consecuencias imediatas da revolución dos cravos fose a independencia das colonias

Mentres en cambio o Estado español o que fixo foi negociar un cambio de amo no Sára, condenando ao seu pobo a ser refén de Marrocos

Mais como eu só teño que presentar

Doulle xa a benvida a Ana Miranda.

Que vou dicir de Ana?

Hai unha película que se  titula Se hoxe é martes isto é Bélxica

Iso é o que debe dicir os martes Ana Miranda

Porque a parte de traballadora incansábel parce que ten o don da ubicuidade

Todos a referenciamos ao Parlamento europeo pero estes días  estivo en Turquía dando apoio a 108 políticos kurdos para os que a fiscalía pide penas de cárcere

Hoxe pola tarde participou nunha marcha contra un proxecto de parque eólico na Serra do Galiñeiro

E agora témola aquí

E por suposto, a nosa ben-vinda a Zé Soeiro.

José Soeiro é doutorado en socioloxía pola Faculdade de Economía da Universidade de Coimbra

É integrante da rede europea de traballo artístico Drums for Peace, da dirección da Cooperativa Cultura e colaborador de varias asociacións

É un dos criadorse do grupo Teatro do Oprimido

Foi candidato do Bloco á presidencia da Cámara Municipal de Porto

E actualmente é deputado do Bloco de Esquerda na Asemblea da República

Con eles vos deixo, moitas grazas.

Ana Miranda, José Soeiro, Maria Manuel e eu mesmo.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.