Un teatro para María Casares

María Casares (A Coruña, 1922-Alloue, 1996) foi algo máis que unha actriz lendaria. Foi, é, tamén un símbolo do exilio e da tradición democrática, republicana e galeguista da nosa cidade. É por iso que neste 2022, centenario do seu nacemento, erguéronse voces, entre elas por suposto a do BNG, a prol de o Teatro Colón pasar a levar o seu nome. Sería un acto de reparación e de xustiza, mais tamén sería un presente que nos faríamos a nós propios e ás xeracións que veñan detrás da nosa. Sobre isto escribín un pequeno artigo para El Ideal Gallego que vos ofrezo a seguir:

Comparte esta entrada

Está a piques de rematar o Ano María Casares.

Neste 2022, con motivo do centenario do seu nacemento, entre todos reivindicamos e puxemos en valor a vida e obra da grande actriz coruñesa. Unha María Casares que, no exilio, acadou o máximo recoñecemento nas artes escénicas francesas.

Por iso, numerosas persoas e entidades culturais promoveron unha iniciativa para que o Teatro Colón pase a denominarse Teatro María Casares.

Na presentación do extraordinario documental “María Casares, a muller que viviu mil vidas”, o seu director, Xavier Villaverde, sumouse á petición lembrando que en París existe a ponte María Casares e en Catalunya hai ducias de teatros co nome de Margarita Xirgú, unha das maiores referentes do teatro catalán no século XX.

O Teatro Colón adoptou ese nome simplemente como emulación do teatro homónimo de Bos Aires. Á marxe da valoración que cada un de nós teñamos da figura histórica de Cristobal Colón, non hai nada que o vencelle coa Coruña.

En troca, como dixo Xosé Barato, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galiza, “ligar o nome de María Casares a un dos grandes teatros da cidade que a viu nacer sería un gran recoñecemento e facelo neste ano do centenario tería un simbolismo aínda maior”.

E, en palabras de Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e amigo da actriz, “o nome da cidade da Coruña, con dous teatros a levaren nome de muller (Rosalía de Castro e María Casares), brillaría aínda máis, sen dúbida, entre nós e no mundo”.

Que así sexa.

Concello e Deputación teñen a palabra.

Que mellor colofón ao Ano María Casares que adicar á sua memoria un teatro emblemático da nosa cidade!

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.