Vivir na Coruña
é imposíbel!
Comparte
Cómpren medidas urxentes!
Desde o Goberno do Estado
- Máis protección para as persoas alugadas: contratos máis longos e estábeis
- Limitación real do prezo dos alugueres e dos xuros das hipotecas.
- Incrementar a reserva de solo para vivienda protexida.
- Cesión gratuíta das vivendas da SAREB para aluguer público.
- Cesión gratuíta dos terreos do Ministerio de Defensa para a construción de vivenda pública.
Desde a Xunta de Galiza
- Aumento da vivenda pública.
- Declaración da cidade da Coruña como zona tensionada para poder regular o prezo dos alugueres.
- Posta en marcha dun Plan de Compra de Vivenda Baleira para destinala a aluguer.
- Máis regulación e control das Vivendas de Uso Turístico.
- Impulso de axudas para evitar a perda da vivenda.
- Máis vivenda para a mocidade estudante na Coruña: creación dunha residencia universitaria pública e dunha bolsa de vivenda pública en réxime de aluguer destinada ao estudantado.
Desde o Concello da Coruña
- Exixencia constante á Xunta para a declaración da Coruña como zona tensionada.
- Reforzo de EMVSA: Empresa Municipal de Vivenda Servizos e Actividades.
- Posta en marcha dun Servizo de Asesoramento a Persoas Inquilinas para protexelas dos abusos e ilegalidades que se dan acotío.
- Aumento do parque de vivenda municipal.
- Impulso á Ordenanza Reguladora das Vivendas de Uso Turístico e vixilancia do seu cumprimento.
Vivir na Coruña (aínda) é bonito, mais cada vez máis imposíbel
Falamos da situación da vivenda?
Achégate ao Fío Directo co BNG e comparte connosco as túas preocupacións, propostas, ideas, suxestións ou queixas para mellorar o día a día da cidade da Coruña.
- O xoves 12 de decembro
- A partir das 19:30h
- No Centro Cívico da Cidade Vella (ver en Maps)
Para saber máis
Veira insta a alcaldesa a que "pete na porta da Xunta cantas veces faga falta" para lograr a declaración de zona tensionada
Avia Veira pide que A Coruña sexa declarada zona de mercado residencial tensionado, figura que aparece na Lei estatal de vivenda.
O BNG presenta a campaña "Vivir na Coruña... é imposíbel"
O responsábel local do BNG, Ignacio Siota, e a concelleira nacionalista Avia Veira presentaron este luns a campaña Vivir na Coruña… é imposíbel, sobre as dificultades para acceder á vivenda na nosa cidade.
Se es universitarix tes case imposíbel acceder a unha vivenda na cidade
A concelleira e deputada do BNG Mercedes Queixas presenta propostas destinadas a resolver o grave problema de acceso á vivenda por parte da mocidade universitaria na nosa cidade.