Discurso de benvida á XVIIª Asemblea Nacional

Pois a verdade é que foi un gran día para o nacionalismo galego este 7N, esta XVII Asemblea Nacional. E a min cóubome a honra de, en nome do BNG da Coruña, pronunciar o saúdo de benvida ás máis de 3 mil persoas que ateigaron o Coliseum. Eis tendes o texto da miña intervención.

Comparte esta entrada

Bon día a todas e todos. Benvidos e benvidas ao Coliseum !!! Benvidas e benvidos ao Coliseum… da Coruña.

Fago esta aclaración porque teño entendido que hai outro en Roma. Pero, crédeme, estiven tamén no Coliseum de Roma… De feito naquela visita atopeime con Pablo Villamar, un compañeiro do BNG. Sinal de que estamos en todas partes. Até en Roma!!! E sinal de que lle estamos facendo caso a Ana Pontón  ensanchando a base social do nacionalismo galego.

Pero crédeme, estiven no Coliseum de Roma e… está todo roto!!! O da Coruña é moito mellor!!!

Mais brincadeiras a parte, para o BNG da Coruña é un orgullo ser os anfitrións desta Asemblea. A terceira Asemblea Nacional consecutiva que se realiza na nosa cidade. Para nós a organización desta Asemblea é unha responsabilidade que asumimos gustosamente. Entre outras cousas, porque contribúe para A Coruña se reencontrar coa súa propia historia, sempre vencellada ao mellor da historia do noso país

A Coruña foi a  cidade na que viviu, entre 1871 e 1878, a nosa grande poeta nacional, Rosalía de Castro. O pasado 23 de outubro, tivemos ocasión de celebrar, grazas á iniciativa da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, que se fan 150 anos da súa chegada. A Coruña foi a cidade que en 1908 deu acubillo aos restos mortais de Curros Enríquez, despedido por unha multitude de persoas que ateigaron as rúas desta cidade para lle dar o último adeus.

Unha cidade vencellada ao nacionalismo galego dende a súa fundación. Aquí naceron a Cova céltica, a Editorial Lar, a Academia Galega, as Irmandades da Fala.

Benvidas e benvidos á cidade de Lois Peña Novo, o primeiro  concelleiro nacionalista na Historia de Galiza. Grazas á súa iniciativa, no Palacio Municipal desta cidade pendurou por primeira vez, nun edificio oficial, a bandeira galega.

Benvidas e benvidos á cidade de Domingos Merino, o primeiro alcalde nacionalista dunha cidade galega, após o remate da ditadura. Esa é a verdadeira Coruña e non a da corte que medrou ás beiras do ditador no Pazo de Meirás. Non a de Sergio Peñamaría de Llano. Un fascista coas mans manchadas de sangue, comandando a represión en Valdeorras após o golpe do 36.

Un fascista que na súa etapa como alcalde da Coruña tivo como grande “mérito” ser unha peza fundamental para os Franco se apropiaren da Casa Cornide

Un fascista ao que esta semana PSOE e PP se negaron a retirarlle as honras e distincións, unindo os seus votos contra unha moción do BNG.

Benvidas e benvidos á verdadeira Coruña. A Coruña que si nos representa. A Coruña de María Casares, A Coruña na que escolleu vivir Manuel María. A Coruña das cigarreiras.

Benvidas e benvidos á verdadeira Coruña. A Coruña que si nos representa. A Coruña de María Casares, A Coruña na que escolleu vivir Manuel María. A Coruña das cigarreiras. A da folga xeral de 1901, reprimida con 8 asasinados. Benvidas e benvidos  á cidade na que se fundou o BNG, en setembro de 1982 no Frontón de Riazor. Benvidas e benvidos á cidade na que en febreiro de 2016, foi eleita Portavoz Nacional Ana Pontón.

E estou convencido de que hoxe, nesta cidade, vai saírun BNG máis fortepara facer posíbel, como di o lema desta asemblea,  Unha nova Galiza.

Un BNG que vai a saír desta Asemblea a por todas. A GAÑAR. POR GALIZA. Porque o país o necesita!!! Moitas grazas.

Transporte de carga

Vixilancia da utilización adecuada dos espazos de carga e descarga.

Dotación de máis zonas de carga e descarga nos barrios.

⁠Habilitación de espazos de carga e descarga adecuados sempre que se faga unha obra no espazo público.

Mobilidade comarcal

Constitución dunha Autoridade Única de Transporte a nivel comarcal.

Mellorar as conexións en autobús metropolitano entre A Coruña cos concellos veciños.

Exixencia ao Estado para que nos accesos á cidade haxa carrís VAO: carrís para vehículos de alta ocupación, polos que transiten con máis facilidade os autobuses.

Implantación do tren de cercanías co modelo tren-tram.

Demanda da modernización da liña ferroviaria A Coruña- Betanzos- Ferrol, o aproveitamento do tendido ferroviario existente entre A Coruña e Arteixo e do que discorre polo porto interior.

Posta en marcha de transporte público marítimo.

Construción de aparcamentos disuasorios de balde próximos ás paradas de bus metropolitano e o tren para facilitar o uso do transporte público nos concellos da comarca.

Creación dun intercambiador de bus, tren e transporte marítimo na zona portuaria.

Política de aparcadoiros

Rescate das concesións daqueles aparcadoiros públicos sen concesión vixente.

Estudo e construción de aparcadoiros públicos nos barrios que os precisan.

Impulso de acordos co pequeno comercio, a hostalaría e empresas da zona para o uso destes aparcadoiros.

Impulso ás obras necesarias para a mellora da accesibilidade dos aparcadoiros públicos.

Reformulación do servizo ORA e das zonas verdes para residentes co obxectivo de optimizar as prazas de aparcadoiro en superficie.

Bicicleta e VMPs

VMP: vehículos de mobilidade persoal.

Ampliación do carril bici e mellora da seguridade dos que xa hai.

Realización de campañas masivas de sensibilización sobre as normas de circulación das bicicletas e dos patinetes.

Posta en marcha do Bicirexistro.

Instalación de aparcabicis nos aparcadoiros soterrados.

Ampliación do servizo de Bicicoruña:

  • Aumento do persoal e dos medios destinados a este servizo, para axilizar as reparacións e ampliar o horario.
  • Aumento do número de estacións e bicicletas
  • Inclusión de tándems para que as persoas con problemas de visión poidan usar este servizo.

Transporte público

Aposta pola remunicipalización do servizo.

Estudo da implantación dun tranvía áxil e útil.

Posta en marcha do carril bus.

Reordenación das liñas de transporte público para conectar mellor:

  • Os barrios entre si.
  • Os hospitais e centros sanitarios.
  • Os centros de ensino da cidade.
  • Os centros de traballo e os polígonos industriais.

Modificación dos horarios para que o servizo ordinario comece máis cedo, contra as 6 da mañá, e remate ás 12 da noite.

Gratuidade dos transbordos.

Renovación da frota para que sexa menos contaminante.

Mellora do servizo do taxi, tamén na súa conexión co aeroporto.

Mobilidade a pé

Garantía de accesibilidade universal ás beirarrúas e edificios públicos, eliminando as barreiras que dificultan o acceso.

Ampliación das beirarrúas.

Ampliación de zonas peonís.

Actuacións para converter as rúas, prazas e parques en centros de socialización e de convivencia.

Adaptación dos tempos dos semáforos para que todas as persoas poidan cruzar con seguridade independentemente da súa condición.

Elevación dos pasos de peóns para rebaixar as velocidades dos coches e dar máis seguridade e accesibilidade aos peóns.

Control das terrazas para garantir a mobilidade peonil e a accesibilidade.

Instalación de elevadores nas rúas onde o seu desnivel o fixer preciso.

Cando se instalen elementos na vía pública (andamios, colectores de obra, de reciclaxe etc), ter en conta a accesibilidade dos camiños alternativos e a visibilidade dos pasos de peóns.